• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O 10% do alumnado da Universidade de Vigo quere emprender cando remate os seus estudos

    O emprendemento nacente procede principalmente de titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas
    Redacción por Redacción
    11 de Nov, 2022
    en Economía
    0
    O 10% do alumnado da Universidade de Vigo quere emprender cando remate os seus estudos

    Ana Gueimonde e Isabel Diéguez son, xunto con Joaquín Collazo, as autoras do estudo. / Foto: Uvigo

    Máis aló do tópico de opositar para traballar como empregado público, o alumnado universitario ten outras moitas aspiracións laborais, entre as que cada vez se abre paso con máis forza o mundo do emprendemento. De feito, segundo o informe GUESSS, o 10% do alumnado da Universidade de Vigo quere emprender cando remate os seus estudos, unha porcentaxe que se incrementa moito, ata o 19%, se se contempla, como momento de referencia, os cinco anos posteriores ao remate dos estudos.

    Neste informe, elaborado polas profesoras María Isabel Diéguez e Ana Gueimonde e polo profesor e director da Área de Calidade Joaquín Collazo, participaron 4.600 estudantes dos tres campus da UVigo, é dicir, o 22,11% do total de alumnado da institución. GUESSS é o proxecto de investigación colaborativa internacional máis importante do mundo no ámbito do fenómeno emprendedor e abarca 58 países e unha ampla rede de máis de 3.000 universidades coa participación de 267.000 estudantes universitarios, sendo España, con 98.000 estudantes, o país máis participativo.

    Esta é a segunda vez que a UVigo participa neste estudo, a primeira foi en 2018 coa colaboración de 2064 estudantes, o que situou á institución viguesa como a terceira universidade española en número de cuestionarios cumprimentados. Nesta nova edición duplicouse a participación e a UVigo é xa a segunda máis implicada de España neste proxecto, demostrando “o interese do alumnado da Universidade no ámbito do emprendemento e avalando o espírito emprendedor da Universidade de Vigo”.

    Para as universidades, os datos obtidos neste estudo son especialmente relevantes xa que permite identificar actitudes, intencións, déficits, actividades e desexos empresariais dos estudantes, o que constitúe unha radiografía do comportamento e intención de emprender do alumnado da Universidade. De feito, como destacan os tres docentes implicados, “na Universidade de Vigo, o feito de contar con esta panorámica permite avaliar a estratexia arredor do emprendemento da universidade, así como os resultados das políticas de fomento de emprendemento aplicadas nos últimos anos. Tamén supón unha referencia para realizar melloras nas mesmas, de xeito que se afiance o carácter emprendedor da universidade e do noso alumnado”.

    Iniciativa emprendedora e nesgos de xénero

    Un dos datos máis destacables que se extrae do estudo é que o 10,3% do alumnado da Universidade de Vigo manifesta interese en converterse en emprendedor/a ao remate dos seus estudos universitarios. A eles súmase “unha cifra aínda máis alta, arredor dunha quinta parte do alumnado, que se visualiza como emprendedor uns anos despois de finalizar os estudos”, destacan Diéguez, Gueimonde e Collazo. De feito, das posibles opcións de carreira profesional, o emprendemento é a única que significativamente gaña importancia relativa ao mirar a longo prazo. Así, na Universidade de Vigo, un 77,8% do estudantado que manifesta a intención de emprender inmediatamente despois de rematar os estudos universitarios, é firme en que 5 anos despois, se manterá nesa preferencia polo emprendemento como opción laboral. “Isto implica unha estabilidade nas intencións emprendedoras que compre tomar en consideración”.

    Como contrapunto, destacan os docentes, está a “a importante fenda de xénero que seguen a amosar os datos, tanto en canto a intencións como en actividades emprendedoras do estudantado universitario”. Do traballo derívase unha “percepción de menor factibilidade e menor desexabilidade por parte das mulleres, así como un menor apoio da súa contorna”. Evidenciado o relevante nesgo de xénero aínda existente, faise preciso redobrar os esforzos que se están realizando e artellar programas dentro da Universidade para que ao longo da carreira académica das mulleres se fomente a actitude positiva cara ao emprendemento, se mellore a autopercepción sobre as súas competencias de emprendemento, e ao mesmo tempo se traballe en aras de superar as barreiras que condicionan a súa intención emprendedora. Debería traballarse no plano do “poido facelo“ e na creación dunha contorna universitaria que o propicie.

    Emprendemento nacente

    Respecto dos que xa teñen madurada a idea de negocio, un 17,10% do alumnado indica que se atopa no proceso de creación dos seus propios negocios, constituíndo o colectivo de persoas emprendedoras nacentes da Universidade de Vigo. Neste colectivo existe paridade, xa que un 50,4% son mulleres, e o restante 49,6% son homes. Non obstante, nas iniciativas que teñen mais dun socio, un 21,5 % non conta con ningunha muller.

    A distribución do emprendemento nacente por ámbito de coñecemento amosa a súa concentración nas titulacións dos ramos de Ciencias Sociais e Xurídicas (44%) e Enxeñaría (27%). Destaca tamén a porcentaxe de alumnado do eido de Arte e Humanidades (17%), sobre todo ao considerar a súa menor importancia en canto ao que supoñen os e as estudantes deste ramo. O 40% dos emprendedores e emprendedoras nacentes teñen como finalidade que o seu negocio pase a constituír a súa ocupación principal ao remate dos estudos. Os negocios dos/as emprendedores/as nacentes sitúanse principalmente nos sectores de publicidade, turismo e marketing (13,6%), educación e formación (13,4%) e comercio maiorista ou minorista (12,2%).

    Emprendemento activo

    A cifra de estudantes que xa puxo en marcha o seu propio negocio sitúase no 4,17% do alumnado da Universidade de Vigo, sendo o 52,2% homes e o 47,8% mulleres. Por ramos de coñecemento, a metade correspóndese con estudantes do ramo de Ciencias Sociais e Xurídicas (46%), mentres que os negocios asociados a emprendedores/as de Enxeñaría representan o 26%.

    As iniciativas de emprendemento activo da universidade concéntranse significativamente nos sectores de educación e formación (16,9%) xunto a publicidade turismo e marketing (12,9%). Son iniciativas que poden considerarse incipientes, xa que algo máis da metade, o 50,5%, correspóndense con empresas creadas nos últimos tres anos, e moi orientadas ao autoemprego, xa que o 42,3% non ten ningún empregado, e unicamente un 16,3% ten máis de dous empregados. As emprendedoras e emprendedores activos non teñen experiencia, na súa maioría. Unicamente un de cada 4 teñen acometido algún outro proxecto empresarial anteriormente.

    Impacto da pandemia

    O informe inclúe tamén un capítulo dedicado ao impacto da pandemia da covid-19 no espírito emprendedor no que se destaca que o 9,6% dos emprendedores e emprendedoras nacentes da Universidade de Vigo manifestan ter comezado o proceso de emprendemento por mor da pandemia. Esta porcentaxe duplícase e amplíase até o 20,8% no caso de emprendedores/as activos/as, que constituíron as súas empresas motivados pola conxuntura económica derivada da pandemia, esta porcentaxe está por enriba da porcentaxe do global do SUE (18,7%), sendo similar á porcentaxe das universidades europeas en conxunto (20,7%), aínda que bastante distanciada da porcentaxe global das universidades do proxecto GUESSS (33%).

    Recomendacións

    O informe finaliza cunha serie de recomendacións para os diversos colectivos da Universidade de Vigo. Así, ao estudantado recoméndaselle aproveitar os recursos que ofrece a Universidade no ámbito do emprendemento; adquirir a capacidade de crear emprego e non só buscalo ou valorizar o capital relacional que ofrece o paso pola universidade. Para a propia institución as recomendacións pasan por fomentar que o profesorado realice funcións de promoción do emprendemento; intensificar a organización e difusión de actividades que procuren a adquisición de habilidades emprendedoras ou realizar os cambios curriculares precisos para cumprir as recomendacións da Estratexia España Nación Emprendedora 2030.

    Finalmente, as suxestións para os docentes pasan por actuar como ‘teachpreneur’, incidindo e afondando nunha aprendizaxe que propicie a iniciativa emprendedora do estudantado; propiciar a realización de TFG e TFM vinculados a iniciativas emprendedoras ou realizar traballos de investigación vinculados ao ámbito de emprendemento universitario.

    43

    Tags: emprendedoresUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Local

    Comerciantes de Elduayen se alían para dinamizar la zona y poner «en el mapa» la céntrica calle

    25 de Jun, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR