O VigoEmprega conta con dúas quendas de contratos que totalizan finalmente emprego para 238 profesionais, segundo explicou este martes Abel Caballero, quen mantivo un encontro con traballadores no parque central de Santa Cristina.
O programa supón un contrato para persoas desempregadas e ademais favorece obras na cidade, principalmente melloras en colexios, beirarrúas no rural e actuacións nos parques e xardíns da cidade. O orzamento deste proxecto ascende ao millón e medio de euros.
O VigoEmprega é un dos proxectos de creación directa de emprego dos que dispón o goberno de Vigo. Caballero recordou o traballo xerado a través da obra pública que promove o goberno de Vigo.