Das 499 solicitudes concedidas do tícket eléctrico social, 366 corresponderon a urbe de cabeceira da comarca por un importe de 71.811 euros. A cifra ascende ata os 98.755 no cómputo global dos catorce municipios con beneficiarios. A contía desta subvención é de 180 euros ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 300 no caso das que acrediten ser, ademais, familia numerosa.
Outros 895 vigueses recorreron á axuda habilitada para evitar cortes de luz e gas, froito do convenio que a administración autonómica ten asinado coas compañías comercializadoras. Neste caso o total de axudas concedidas foi de 1.035 con solicitantes de trece municipios da área por unha contía de 70.356 euros, dos que 59.028 foron a parar a familias de cidade olívica.