• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 3 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    Investigadores da UVigo defenden usar o superávit dos municipios contra a crise do Covid-19

    O grupo Gen destaca que mobilizar 25.000 millóns de euros suporía unha fonte de financiamento máis barata para o Estado e un rendemento para os concellos
    Redacción por Redacción
    26 de Mar, 2020
    en Covid-19, Economía
    0
    Investigadores da UVigo defenden usar o superávit dos municipios contra a crise do Covid-19

    O grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo avoga por mobilizar os 25.000 millóns de superávit dos municipios para afrontar a crise do Covid-19. “Ante unha crise profunda e inesperada”, subliñan os seus responsables, “a necesidade de liquidez é vital: fai falta diñeiro para manter a demanda, para garantir que as empresas conten coa tesouraría necesaria para afrontar os pagos que deben facer, mesmo nunha situación de ERTE”. A liquidez, recalcan, é necesaria para que “o sistema non colapse no primeiro semestre do ano e para que no segundo se poida retomar a senda do crecemento económico”. Tamén é “indispensable”, engaden, que o Instituto de Crédito Oficial “lidere o proceso de fluxo do crédito”.

    Os investigadores Santiago Lago, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Grupo Gen, e Alberto Vaquero, profesor da Universidade de Vigo e co-director da Red Localis na que participa este grupo, recollen así a proposta do economista da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla Diego Martínez “de mirar cara ao elevado importe dos saldos a favor que manteñen municipios e deputacións nos bancos, consecuencia dos sucesivos superávits que rexistraron estes anos”.

    Segundo indican desde o Grupo Gen, que ten a súa sede na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, calcúlase “que ese superávit supera os 25.000 millóns de euros, que non están a xerar rendibilidade dada a situación dos tipos de interese e de feito, en moitos casos, os custos de mantemento e custodia implican unha rendibilidade negativa para as corporacións locais”.

    “Mobilizar estes recursos sería unha actuación na que todos gañarían. A cambio dunha remuneración baixa pero positiva, os municipios obterían un rendemento e o Tesouro unha fonte de financiamento máis barata que a opción de emitir débeda de tesouraría hoxe”, subliñan os investigadores da Universidade de Vigo nunha nota feita pública polo grupo de investigación este xoves.

    Aprazamento de impostos locais
    Este diñeiro, engaden os investigadores, podería utilizarse tamén para aprazar ata final de ano, sen recarga, o pago dos principais impostos locais. Desde o Grupo Gen lembran como desde o Observatorio Municipal de Galicia, instrumento da Red Localis, tense sinalado en repetidas ocasións como “a gran maioría dos concellos galegos gozan dunha excelente saúde financeira e poderían permitirse pagar as súas propias nóminas e facturas con cargo aos seus saldos en conta”. Así, detallan, “a liquidación de orzamentos dos concellos para Galicia en 2018, publicada pola Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local, amosa que os concellos galegos contan con 888 millóns de euros en concepto de fondos líquidos dentro do remanente de tesouraría”.

    Nesta liña de análise, os expertos do Grupo Gen sinalan que se trataría de “diferir o momento de pago naqueles impostos locais que o permiten”, aplicándose aos impostos de natureza periódica, como son o IBI, o IAE e o IVTM, e deixando fóra desta proposta os que son de natureza accidental, como a Plusvalía Municipal e o ICIO, “que non permiten tecnicamente a súa aplicación”. “As cifras avalan esta proposta”, recalcan os investigadores da Universidade de Vigo, que indican como “o monto global do tres primeiros ascendeu a 822 millóns de euros, dos que 609 millóns corresponden ao IBI”.

    Segundo explican desde o Grupo Gen, a súa proposta “desde o punto de vista da lexislación tributaria tampouco xeraría un problema. Bastaría con modificar o calendario do contribuínte, establecendo novos períodos para o pago da débeda tributaria”. Por último, os investigadores apuntan como “o remanente e os depósitos bancarios non se distribúen homoxeneamente”, sinalando como “nalgúns municipios eses depósitos sinxelamente non existen”. Por iso, detallan, “a medida debería aplicarse caso a caso e co consenso dos respectivos plenos municipais”. Porén, subliñan, “unha toma de posición favorable por parte da Federación Galega de Municipios e Provincias e, no seu caso, da Federación Española de Municipios e Provincias, axudaría a discutir en serio e con celeridade sobre este adiamento xeneralizado”.

    43

    Tags: coronavirusEconomíaGrupo GensuperávitUVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    Trabajadores de Mercadona protestan contra «los abusos y el acoso» al personal de baja y los delegados sindicales
    Economía

    Trabajadores de Mercadona protestan contra «los abusos y el acoso» al personal de baja y los delegados sindicales

    23 de Jun, 2025
    «Vigo se pone a la altura de Francia y Alemania: serán los tres grandes centros de producción de microchips en Europa»
    Economía

    «Vigo se pone a la altura de Francia y Alemania: serán los tres grandes centros de producción de microchips en Europa»

    18 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII

    Este es, sin duda, uno de los mejores miradores que tiene la ciudad de Vigo. Desde estos bancos, ubicados en...

    por Julio Alonso
    02 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR