O rexedor felicitou esta mañá aos participantes na concentración de pensionistas que se organizou o sábado na rúa Príncipe á que tamén acudiu o propio Caballero. Logo de reiterarlles o apoio do goberno local á mobilización, asegurou que se antes xa era imprescindible o incremento real do poder adquisitivo das pensións, destacou «a gran conciencia que hai entre un colectivo que non pode seguir perdendo capacidade adquisitiva», sinalou. Criticou as «falacias» do Goberno central cando asegura que a economía non permite ese incremento porque, asegurou, o importante é repartir o crecemento do PIB e esa é unha decisión política. Na súa opinión, o PIB xa está en niveis anteriores á crise polo que é momento para aplicar unha lixeira suba xa que se trata de dereitos adquiridos logo de anos de cotizacións. Insistiu en que os 8 millóns e medio de pensionistas non poden seguir pagando a saída da crise.