“Xa parecía imposible, porque 2017 foi excepcional, pero seguimos crecendo”, sinalou este venres o alcalde, Abel Caballero. Os datos indican tamén que Vigo absorbe a cuarta parte do turismo da provincia e o 10 por cento de Galicia.
O rexedor salientou que a cidade xa foi capaz de ter “a súa propia pata turística” e explicou que a cidade “necesitaba este desenvolvemento” para complementar os sectores da industria, automoción, naval, I+D, pesca e empresas.
“Esta pata turística significa miles de empregos, somos o segundo lugar máis visitado de Galicia [tras Santiago de Compostela] grazas ás Cíes e vamos no bo camiño, na boa dirección”, explicou.