Mentres, nas comarcas próximas, a do Morrazo alcanzou unha porcentaxe de ocupación do 74%, a do Baixo Miño do 66% e as do Condado e A Paradanta superaron o 43%.
Segundo o organismo que dirixe Carmela Silva, o turismo rural, co 60% de ocupación durante a ponte, estase a consolidar como unha das opcións preferentes das persoas que escollen a provincia para as súas vacacións e tempo de ocio. Máis polo miúdo, os establecementos das comarcas do Morrazo, O Condado e A Paradanta superaron o 55%; Vigo acadou un 54% e o Baixo Miño superou unha porcentaxe do 33%.
Pola súa banda, o Castelo de Soutomaior rexistrou un alto número de visitantes durante a ponte do Pilar, con ata medio millar de persoas. A pasada fin de semana, concretamente o domingo 14 de outubro, comezaron no castelo as visitas teatralizadas, que se estenderán ata o 4 de novembro e esgotaron, en 24 horas, as prazas ofertadas.