Nese aumento que se deu a escala autonómica, 15.700 visitantes correspóndense con persoas que elixiron o destino Rías Baixas, é dicir, o aumento de visitantes captados pola provincia de Pontevedra supón o 42% de todas os novos turistas atraídos por Galicia.
“Estamos ante o mellor primeiro trimestre de ano”, valorou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ente que supervisa a afluencia de visitantes a través do organismo Turismo Rías Baixas, que se sitúa no ‘top ten’ nacional como destino.
A institución tamén anunciou este xoves as súas “cautelosas” previsións de ocupación hoteleira para a ponte de maio, con motivo da festividade do Día do Traballo. A falta das reservas de último minuto, que se verán condicionadas pola situación meteorolóxica, estímase que sexa do 53,1%.