O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de maio a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas. Con todo, cómpre lembrar que este tipo de actividades están moi demandadas, valga como proba que o ano pasado as prazas da primeira ruta quedaron esgotadas en 24 horas.
Neste percorrido, a vaga de lumes que arrasou a provincia de Pontevedra o pasado mes de outubro ten unha importancia notoria, non só por se tratar nun punto que afectou a practicamente a totalidade do seu territorio (o 90%), senón tamén porque o percorrido incluirá unha ac
tividade complementaria con esta temática. Deste xeito, as persoas asistentes asistirán a unha pequena charla na que se ofrecerá concienciación, sensibilización e prevención de lumes forestais, así como unha explicación sobre os factores que permitiron que as súas consecuencias e dimensións fosen tan deva
stadoras. Do mesmo xeito, os participantes aprenderán sobre o descubrimento dos petróglifos (únicos polas súas características) e as posibilidades de dinamización turística do Condado. Cada unha das actividades transversais enmárcanse dentro da campaña de promoción do destino Pontevedra Provincia ‘Somos Historias’.