Esta última cita, dunha duración aproximada de tres horas, ten como punto de saída o centro da localidade desde onde a ruta discorrerá ata o paseo fluvial, no que se virará cara a ponte das Ánimas seguindo o curso do río ata chegar á aldea de Rasas, onde comezará unha subida. Alí poderanse observar numerosos muíños ata chegar a Couso e a súa igrexa. A partir deste punto comezarase a baixada, seguindo os regatos e volvendo ao punto de partida.
Esta ruta ten, como actividade complementaria, un pequeno obradoiro sobre sendeirismo no que se explicarán as sinalizacións máis habituais, o seu significado, o grao de dificultade, como interpretalas e os consellos e precaucións a seguir á hora de facer unha ruta.
O prazo desta ‘Depo Andaina’ permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 10 de outubro a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas.