O percorrido será de 22 quilómetros e dificultade baixa. Un autobús sairá do Castelo de Santa Cruz, situado na rúa da República Dominicana, ás 08:30 horas para levar aos participantes ata Goián.
Na parroquia tomiñesa comezará a andaina, que chegará ata A Guarda pasando por Vila Nova de Cerveira e Caminha, onde será posible apreciar e visitar as fortalezas existes cunha breve explicación da importancia de cada unha delas.
Unha vez en Caminha, e tras a parada para o almorzo, os participantes tomarán o transbordador das 15:00 horas ata A Guarda, onde visitarán o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. A hora aproximada de remate é ás 16:00 horas.
O custe de participación é de cinco euros por persoa, previa inscrición na Oficina Municipal de Turismo situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.