• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 24 de septiembre de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Catorce visitas guiadas e 440 prazas para coñecer os castros e a arquitectura da provincia

    Setembro e outubro chegan cargados de historia e patrimonio coa volta dos programas culturais da Deputación de Pontevedra
    Redacción por Redacción
    02 de Sep, 2022
    en Arqueología, Arquitectura
    0
    Catorce visitas guiadas e 440 prazas para coñecer os castros e a arquitectura da provincia

    Unha ruta anterior polo Mosteiro de Poio. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Setembro e outubro chegan cargados de historia e patrimonio coa volta dos programas culturais da Deputación de Pontevedra, ‘Historias Cavadas’ e as Rutas de Arquitectura, que ofertarán un total de 440 prazas para que a veciñanza da provincia poida coñecer e desfrutar das visitas por espazos singulares do territorio abertas a todos os públicos. Como destacou a presidenta Carmela Silva, este ano amplíanse prazas nestes proxectos “para poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico e arquitectónico que temos tan potente” e que se enmarcan na programación ‘ConFiando Cultura’.

    Tras o éxito o pasado ano da primeira edición, ‘Historias Cavadas’ desenvolverase desde o 9 ao 29 de setembro, con novas visitas escenificadas para escavar na memoria dos castros da provincia. Este ano amplíanse a cinco xacementos doutros tantos concellos e de novo será Troula Animación o grupo encargado de darlle vida a estes espazos, con representacións dirixidas ao público familiar que terán lugar no Castro de Castrolandín (Cuntis) os días 9 e 23 setembro (18.00 horas); o Castro dos Cubos (Monte Aloia, Tui) os días 16 e 17 setembro (18.00 e 12.00 horas respectivamente); o Castro do Monte do Facho (Cangas) os días 10 e 17 de setembro (19.00 horas); o Castro de Troña (Ponteareas): 25 e 29 setembro, (12.00 e 17.00 horas) Castro da Lanzada (Sanxenxo): 11 setembro (dúas sesións: 12.00 e 17.00 horas).

    As visitas serán accesibles e inclusivas, e a través de dous personaxes, unha castrexa e un romano, “a actividade abordará a rica historia dos castros desde unha perspectiva cómica”, como explicou a presidenta provincial.

    A Deputación duplicou este ano as prazas (serán 300), cun tope de 30 persoas por cada unha das sesións. As inscricións deben facerse no enderezo electrónico historiascavadas2022@gmail.com. Só se poderá reservar para unha visita e na solicitude indicarase o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (catro prazas como máximo) e un teléfono de contacto.

    Rutas de Arquitectura

    Por outra banda, tamén está aberta a inscrición para os percorridos da terceira edición das Rutas de Arquitectura, que a Deputación organiza coa Real Academia Galega de Belas Artes  e que se desenvolverán os sábados desde o 17 de setembro ao 8 de outubro. Este ano serán catro visitas, con 35 prazas cada unha, que buscan sensibilizar a cidadanía na importancia da arquitectura do século XX, modernista e racionalista que tingue a provincia, e estarán guiadas por Estefanía López, Luz Paz e Javier Gómez. Chegarán a seis concellos: Vila de Cruces, Silleda, Vilagarcía, Vigo, Portas e Caldas.

    Os percorridos comezarán o 17 de setembro na comarca do Deza cunha ruta guiada pola doutora en Arquitectura, Luz Paz, que inclúe a visita ao Poboado de Fontao en Vila de Cruces e o Mosteiro de Carboeiro e en Silleda. O día 24 será a ruta por Vilagarcía, cun percorrido por unha selección de vivendas unifamiliares e edificios modernistas e racionalistas (Avenida Xoán Carlos e Casa Carlos Becerra) e que conducirá a doutora en Arquitectura Estefanía López.

    Xa no mes de outubro, o día 1 as rutas chegan a Vigo, onde de novo Estefanía López conducirá a visita polo Teatro García Barbón, o convento das Salesas, edificios recoñecidos como Sanchón e Curbera e a ermida do monte da Guía. E o 8 de outubro o programa finalizará na comarca do Umia. Paula Pita, doutora en Historia da Arte, guiará as e os participantes dende a Fábrica Azucreira de Portas para coñecer logo a arquitectura termal de Caldas: o Balneario Acuña e o Hotel-balneario Davila. Tamén pasarán polo Xardín Botánico, a carballeira, a Fábrica da Luz e a Fervenza de Segade no citado concello. 

    As persoas interesadas en participar poden anotarse no correo roteiros.cultura@depo.es e poderán anotarse como máximo en dúas rutas, e cun tope de catro persoas por reserva.

    Tags: arqueologíaarquitecturaDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Luis López acepta la reunión con Abel Caballero, con Marta Fernández-Tapias presente
    Local

    Luis López acepta la reunión con Abel Caballero, con Marta Fernández-Tapias presente

    22 de Sep, 2023
    Caballero pide una reunión con Luis López para “concretar” las inversiones provinciales en Vigo
    Local

    Caballero pide una reunión con Luis López para “concretar” las inversiones provinciales en Vigo

    21 de Sep, 2023
    Caballero enviará el proyecto de Gol a la Deputación cuando el presidente garantice la inversión
    Celta

    Caballero enviará el proyecto de Gol a la Deputación cuando el presidente garantice la inversión

    18 de Sep, 2023
    Tapias llama a Caballero a “sentarnos y negociar” para reformar la grada de Gol “escuchando al Celta”
    Celta

    Tapias llama a Caballero a “sentarnos y negociar” para reformar la grada de Gol “escuchando al Celta”

    18 de Sep, 2023
    El Casco Vello de Vigo contará con dos nuevos puntos de recarga para vehículos eléctricos
    Local

    La Diputación abre el plazo para el pago voluntario del impuesto sobre actividades económicas

    17 de Sep, 2023
    Foodtrucks, música, degustaciones y sorteos para la jornada histórica de cruceros en Vigo
    Marítima

    Foodtrucks, música, degustaciones y sorteos para la jornada histórica de cruceros en Vigo

    16 de Sep, 2023


    Más Vistos

    Caballero carga contra la oferta gastronómica en el puerto para los cinco cruceros: “No queremos foodtrucks”

    Caballero carga contra la oferta gastronómica en el puerto para los cinco cruceros: “No queremos foodtrucks”

    por David Lorenzo
    18 de Sep, 2023
    0

    La quíntuple escala de cruceros en el puerto de Vigo, vista desde el aire a través de un dron

    La quíntuple escala de cruceros en el puerto de Vigo, vista desde el aire a través de un dron

    por Redacción
    19 de Sep, 2023
    0

    Rueda advierte que no se debe «tomar a la ligera» la posibilidad de que Copo cambie Mos por Portugal

    Rueda advierte que no se debe «tomar a la ligera» la posibilidad de que Copo cambie Mos por Portugal

    por Europa Press
    21 de Sep, 2023
    0

    Pacto en ‘Land Rober’ para que Roberto Vilar encienda las luces de Navidad de Vigo con Caballero

    Pacto en ‘Land Rober’ para que Roberto Vilar encienda las luces de Navidad de Vigo con Caballero

    por Redacción
    22 de Sep, 2023
    0

    La magia llega a Vigo: función itinerante en Vialia, gran gala en el Auditorio

    por Redacción
    21 de Sep, 2023
    0
    La magia llega a Vigo: función itinerante en Vialia, gran gala en el Auditorio
    Espectáculos

    La segunda edición del Festival Mundial de Ilusionismo - Galicia Ilusiona ya tiene fecha para su regreso a Vigo. La

    Leer mas

    Aniversario en el Gran Vía de Vigo con sorteo de alojamientos en las Rías Baixas, electrodomésticos y tarjetas regalo

    por Redacción
    21 de Sep, 2023
    0
    Aniversario en el Gran Vía de Vigo con sorteo de alojamientos en las Rías Baixas, electrodomésticos y tarjetas regalo
    Local

    El Gran Vía de Vigo celebra el tercer aniversario de su club de fidelización, el Club de los Disfrutones, con

    Leer mas

    Pacto en ‘Land Rober’ para que Roberto Vilar encienda las luces de Navidad de Vigo con Caballero

    por Redacción
    22 de Sep, 2023
    0
    Pacto en ‘Land Rober’ para que Roberto Vilar encienda las luces de Navidad de Vigo con Caballero
    Televisión

    Abel Caballero ‘pintó la mona’, como dicen en el propio programa, este jueves en ‘Land Rober’, uno de los espacios

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR