Levan semanas mobilizándose para sumar apoios ao seu proxecto solidario, que consiste en recadar fondos para axudar a ONG Taller de Solidaridad a construír un aula de Secundaria na misión de Chiriaco, no Departamento do Amazonas no Perú.
Eles farán o Camiño de Santiago Portugués e os seus patrocinadores apoian economicamente os quilómetros que van percorrer. A máxima aportación son 20 euros por todo o camino e a mínima 0,20 céntimos por quilómetro. Segundo explicaron os responsables do colexio, a acollida a esta iniciativa “non puido ser mellor no barrio”. Un gran número de establecementos comerciais e pequenas empresas de Teis están colaborando co Camiño Solidario. Incluso hai alguna empresa que quixo tamén axudar con medios materiais como unha furgoneta, que fará de coche escoba, ou outra que donará a froita que os nenos e nenas comerán no Camiño.
Esta é a primeira vez que o colexio San José de La Guía pon en marcha esta iniciativa e, segundo indicaron, están moi satisfeitos da resposta que está a ter tanto entre as familias, como no equipo docente, e tamén pola gran repercusión que conseguiu no barrio.
Estes días o alumnado está intensificando a súa preparación física para afrontar en boas condicións as seis etapas nas que farán o Camiño. Realizan camiñatas e diferentes exercicios físicos apropiados para fortalecer as pernas e evitar lesións. Ademais, durante o percorrido irán acompañados dun fisioterapeuta que atenderá aos rapaces e rapazas e aos seus acompañantes.
A saída será o martes, 17 de maio, ás 8 da mañá desde Tui. Primeiro farán unha visita a catedral de Tui e a continuación iniciarán o Camiño en Atios. A primeira etapa levaraos ata Redondela. A chegada á catedral de Santiago será o domingo para asistir á misa de 12.00. Cando entren na Praza do Obradoiro os alumnos e alumanas de 6º de Primaria que rematen o Camiño teñan un gran recibimento, xa que o colexio ten previsto fletar dous autobuses con familiares, amigos e docentes para darlles a benvida como merecen.