O programa ten carácter anual, mais toma unha especial relevancia nas datas de Nadal, explicou o rexedor. A campaña «Unha bici, un sorriso» -que promove o Concello e a asociación A Golpe de Pedal, coa colaboración de numerosos establecementos- recolle bicicletas en desuso que se poidan arranxar e entregar a familias da cidade que as precisen para os seus cativos.
No proxecto cooperan nestes momentos 15 tendas viguesas: Anca, Biciocon, Bicitotal (Coruxo e Travesas), Cero Emisiones, Cromoly, Duranbike, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Máis que bicis, Nbike, SportPAsion, Trek, VigoBike e Xtrembike, que amais de encargarse das reparacións funcionan como punto de recollida das doazóns. Os cidadáns interesados en participar poden facelo en calquera destas tengas ou chamando ao teléfono 010.