Unha representación do club, varios membros do primeiro equipo da cidade e xogadores das súas categorías inferiores levaron aos pacientes máis pequenos unha mensaxe de agarimo e fixéronlles pasar un intre agradable, falando de deportes.
Como agasallos entregaron uns pasamontañas co logotipo do club de rugby da cidade e uns balóns ovalados.
Ademais, no exterior do hospital, e nun lugar visible desde as velas de hospitalización de Pediatría, realizaron unha serie de xogadas como “ melés”, “ touch” ou desprazamentos e aperturas co balón. Por uns instantes, o exterior do recinto hospitalario converteuse nun improvisado campo de adestramento.
A xerencia do Chuvi transmitiu a todo o colectivo o agradecemento por un xesto solidario que se repite anos tras ano desde que abriu o Álvaro Cunqueiro.