O Concello de Nigrán ofrece este domingo no Auditorio Municipal, a partir das 18.00 horas, o seu Concerto Solidario de Nadal. No evento actuarán as corais Stella Maris, Ecos do Castelo, Novos Aires e Os Vagalumes de Chandebrito. A entrada é de balde, pero tendo en conta o fin solidario, o Concello agradece aos asistentes que aporten alimentos non perecedeiros que serán destinados aos Servizos Sociais para que os distribúan entre as familias necesitadas do municipio.