Durante os últimos meses, Máis que Auga participou activamente na campaña solidaria ligada á carreira San Silvestre viguesa, na que os centros deportivos aportaron gorros de Nadal aos corredores a cambio dunha doazón alimentaria. A carreira saldouse cun total de 5.000 quilogramos recollidos para o Banco de Alimentos de Vigo.
Máis que Auga participa en diferentes iniciativas solidarias coma a organización do Festimáis, un festival que reúne deporte, diversión e solidariedade nas instalacións de Navia, cuxa recadación estivo destinada o pasado ano á asociación Bicos de Papel, que ofrece asistencia ás familias con cativos ingresados na área Oncolóxica do hospital vigués Álvaro Cunqueiro.