Pola mañá haberá actividades infantís na Praza de América entre as 11.00 e as 13.00 horas e pola tarde o IES Santa Irene acolle a gala solidaria con música, baile, actividades en familia con entrada gratuíta para todas as persoas que queiran sumarse e un ‘flash mob’ ás 17.00 horas fronte ao Centro Comercial 3.
Con todo, as actividades comezarán xa días antes. Este xoves o Auditorio Municipal acolle unha conferencia do doutor Arturo Vilches baixo o título ‘Demencias: todo o que debemos saber sobre elas’. O venres, instalarase na peonil do Calvario unha mesa informativa sobre a enfermidade e o sábado 21 todos os comerciantes dos mercados de Vigo vestirán un mandil conmemorativo. Finalmente, o domingo 29 de setembro Afaga celebrará un encontro de coidadores de enfermos de Alzheimer con actividades orientadas ao ocio terapéutico.