O Hospital participa así nunha campaña nacional da Fundación AstraZeneca, avalada pola Federación Española de Asociaciones de Pacientes Alérgicos y con Enfermedades Respiratorias (FENAER), que pretende concienciar á poboación sobre esta enfermidade, de gran prevaleza no noso país. A través de distintos materiais e accións se concienciará sobre as causas, os síntomas e as crises para ofrecer aos pacientes ferramentas que lles permitan mellorar a súa súa calidade de vida.
Pompas de xabón para concienciar
O Meixoeiro entregará pompeiros de xabón para animar aos usuarios que se acheguen a soplar pola asma. Ademáis, poderán facerse unha foto, compartila nos seus perfiles de Twitter, Facebook e Instagram con el hashtag #SoplaPorElAsma, e lanzar unha mensaxe de apoio aos que padecen esta enfermidade.
A nivel nacional, tense unido a esta iniciativa 36 centros hospitalarios e de Atención Primaria de distintas comunidades españolas.
Segundo afirma a alergóloga do CHUVI, Mónica Fernández -“unha das características desta enfermidade é a falta de control. Se calcula que o 52,3% dos pacientes con asma non están controlados. Con esta iniciativa queremos concienciar á poboación da importancia da prevención, polo que é fundamental coñecer os principais factores desencadenantes ou agravantes da asma, como a alerxia, o fume do tabaco, a obesidade, as infeccións ou a contaminación”-.
Xuntos contra a asma
Ademais desta actividade, a EOXI de Vigo está a desenvolver unha campaña sobre o axeitado uso da medicación de rescate. Por vez primeira, especialistas de diversas disciplinas médicas da EOXI de Vigo con implicación no tratamento da asma- pneumólogos, alergólogos, pediatras, médicos de urxencias e médicos de familia- e as farmacias comunitarias viguesas, se unen nunha campaña conxunta cun obxectivo común: mellorar o control da enfermidade nos pacientes asmáticos.
Ata un 60-70% dos asmáticos non presentan un adecuado control da súa enfermidade, sendo relativamente frecuente o uso en exceso de medicación de rescate -broncodilatadores de acción rápida- que é unha medicación específica e puntual para momentos críticos da enfermidade, non pode ser de uso habitual. Os broncodilatadores presentan un efecto inmediato, entre 3 e 5 minutos, aínda que as poucas horas desaparece. Non teñen acción preventiva, solo alivian os síntomas porque “abren o bronquio”, polo que se coñece como medicación de rescate. Os pacientes con uso excesivo de borncodilatadores de acción rápida teñen mala calidade de vida, e risco de complicacións. Ademais, trátase dunha medicación que non está exenta de toxicidade: nerviosismo, taquicardia, arritmias e incluso fracaso respiratorio.
Coa campaña “Rescata a túa asma” os farmacéuticos están informanso aos pacientes asmáticos sobre este aspecto, e distribuen uns dípticos informativos sobre a correcta utilización da súa medicación de rescate.