• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 7 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    saúde

    Vigo participa nun estudo europeo sobre os riscos da radiación ao tratar linfomas ou tumores cerebrais

    Ademais de Galicia, que representa a España, no proxecto están incluídos centros sanitarios e universidades de Austria, Grecia, Suecia, Bélxica, Polonia, Suíza e Alemaña
    Redacción por Redacción
    04 de Abr, 2021
    en Salud
    0
    Vigo participa nun estudo europeo sobre os riscos da radiación ao tratar linfomas ou tumores cerebrais

    O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) participa no estudo europeo Sinfonia, sobre os riscos que implica o uso de radiacións ionizantes no diagnóstico e tratamento de pacientes con linfomas ou tumores cerebrais. Ademais, o proxecto busca desenvolver métodos de dosimetría personalizada para traballadores implicados no manexo de novos radiofármacos, utilizados en procedementos de Medicina Nuclear, como o Lu-177, I-131 e Ga-68.

    Trátase dun proxecto de investigación no que Galicia ostenta a representación de España a través de dúas entidades. Unha delas é o IISGS. No mesmo interveñen centros sanitarios e universidades de Austria, Grecia, Suecia, Bélxica, Polonia, Suíza e Alemaña.

    O traballo ten unha duración de 4 anos e as súas conclusións deberán estar listas en agosto de 2024. Esta investigación enmárcase dentro do programa H2020-Euratom-1 da Comisión Europea e conta cun financiamento global duns 6 millóns de euros, dos que case 300.000 están destinados á parte que realiza o IIS Galicia Sur.

    O doutor Antonio López Medina, radiofísico do Hospital do Meixoeiro e membro do Grupo de Oncoloxía Xenética, Radiobiologxa e Radiointeracción do Instituto, é o investigador principal do proxecto no IIS Galicia Sur, no que ademais investiga Mercedes Riveira Martín, que desenvolve a súa tese doutoral a partir dos resultados do proxecto, así como outros membros dos servizos de Radiofísica e Protección Radiolóxica, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterápica e Informática do Hospital do Meixoeiro.

    Un plan para profesionais e poboación

    “O obxectivo principal do proxecto Sinfonia é desenvolver metodoloxías e ferramentas novas que proporcionarán unha avaliación do risco dos efectos prexudiciais da exposición á radiación en enfermos, traballadores, coidadores, cidadáns e medio ambiente durante o tratamento de pacientes sospeitosos ou diagnosticados con linfoma e tumores cerebrais”, explica López Medina.

    O traballo científico desenvolverá novos métodos e ferramentas de avaliación de riscos e dosimetría personalizados para estimar a carga de radiación nos pacientes sometidos a procedementos radiolóxicos, de medicina nuclear e radioterapia de última xeración.

    Ademais, pretende reforzar a avaliación de riscos para o persoal exposto, a cidadanía e o medio ambiente durante os procedementos de medicina nuclear e terapia de protóns. Tamén busca determinar o grao de variabilidade do paciente na sensibilidade á radiación para o risco de desenvolver neoplasias malignas secundarias e deseñar e desenvolver técnicas de xestión de datos para o manexo de datos de exames con e sen imaxes para sesións de radioterapia. Desenvolverase un repositorio de datos para almacenar datos, así como para o despregamento de algoritmos de Intelixencia Artificial nunha plataforma en liña.

    Antonio López Medina considera que “os resultados da investigación de Sinfonia para os dous exemplos clínicos, linfoma e tumores cerebrais, tamén serán aplicables a outras enfermidades”. De feito, subliña que “as ferramentas de dosimetría personalizadas impulsadas por Intelixencia Artificial proporcionarán coñecementos avanzados sobre os parámetros que afectan o detrimento da radiación; e isto axudará a equilibrar os riscos e beneficios dos procedementos de radiación ionizante e a desenvolver estratexias de optimización de dose”.

    Ademais, os estudos de bioloxía da radiación identificarán as persoas con maior susceptibilidade de desenvolver cancro por exposición á radiación ionizante. Sinfonia tamén organizará formación multidisciplinar de alto nivel no campo da dosimetría das radiacións, a avaliación de riscos e a protección radiolóxica e desenvolverá recomendacións sobre protección radiolóxica.

    43

    RelacionadosArtículos

    Un nuevo ciclo planta cara a los macrofestivales desde el corazón de Vigo
    Música

    Un nuevo ciclo planta cara a los macrofestivales desde el corazón de Vigo

    07 de Feb, 2026
    El refugio donde el café enseña a detener el reloj cumple seis meses
    Gastronomía

    El refugio donde el café enseña a detener el reloj cumple seis meses

    07 de Feb, 2026
    Un polémico vídeo de la tiktoker viguesa Evita Camila pone el foco en una enfermedad invisible
    Salud

    Un polémico vídeo de la tiktoker viguesa Evita Camila pone el foco en una enfermedad invisible

    07 de Feb, 2026
    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    07 de Feb, 2026
    Se amplían las plazas de las becas de inmersión lingüística de la EOI para Japón e Italia
    Local

    Que nadie que lo merezca en la EOI se quede sin beca para estancia en el extranjero

    07 de Feb, 2026
    ¿Superará ‘Kirk’ a ‘Aitor’? La primera borrasca del año batió en Vigo un récord de 1951
    Local

    Las Cíes son «las islas españolas de las que nadie ha oído hablar» en el Reino Unido

    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR