O proxecto para o Álvaro Cunqueiro conta coa colaboración do Hospital madrileño, que ofreceu aos seus colegas de Vigo o compromiso firme de facilitar programas formativos para o persoal, así como o necesario apoio loxístico e docente. O Chuvi, xunto co Complexo de Santiago, disporá dos primeiros Banco de Leite Materno de Galicia. O hospital vigués, será referencia para as áreas sanitarias das provincias de Pontevedra e Ourense.
A autorización prodúcese trala presentación do proxecto para a creación do Banco de Leite Materno no Hospital Álvaro Cunqueiro, elaborado polo doutor Fernández Lorenzo, xefe do Servizo de Pediatría da EOXI de Vigo, e pola doutora Concheiro Guisán, xefa de sección de Neonatoloxía.
O Banco de Leite Materno é indispensable para aquelas nais que, estando a favor desta forma de lactación para os seus bebés, presentan unhas condicións clínicas que o contraindican ou sofren unha demora na instauración do leite nos primeiros días de vida do bebé.
Anos de traballo
A consecución do Banco de Leite Materno para o Álvaro Cunqueiro é o froito de anos de traballo dos profesionais vigueses, tanto na conciencia das bondades do leite materno como na preparación de todo o proxecto. Un traballo liderado polo doutor Fernández Lorenzo, xefe do Servizo de Pediatría, e pola doutora Ana Concheiro Guisán, xefa de sección de Neonatoloxía, en colaboración cos centros de saúde da área viguesa.
Segundo explica o xefe do servizo de Pediatría, Férnandez Lorenzo -“Vigo é a área onde prodúcense máis nacementos de toda Galicia, ao tempo que é onde hai máis mulleres en idade fértil, e maior poboación infantil. Se eses datos xa xustificarían o establecemento no Álvaro Cunqueiro do Banco de Leite Materno, hai aínda outro máis contundente, en Vigo é onde unha maioría de mulleres lactantes mostrou o seu desexo de doar e participar no proxecto”-.
Na mesma liña tamén expresouse a coordinadora do Banco, Ana Concheiro xa que “poremos en marcha o Banco grazas a colaboración altruísta e desinteresada das doantes, que serán as verdadeiras protagonistas deste novo servizo sanitario”-.
Xa desde hai anos, os profesionais vigueses levan a cabo unha promoción activa da lactación materna.
A maioría dos estudos médicos constata que o leite materno para os bebés ocasiona un aumento da supervivencia e das taxas de desenvolvemento neurolóxico normal tanto nos recentemente nacidos tras o período normal de xestación como, sobre todo, nos prematuros.
Os mesmos estudos demostran que co uso do leite materno rexístrase un menor período de ingreso no hospital tralo parto e reducen tamén as complicacións nos prematuros.
Que é un Banco de Leite Materno?
É o lugar onde procésase e custodia o leite doado por nais en período de lactación e é, segundo os estándares actuais, o mellor sistema que permite garantir a calidade da asistencia neonatal para aqueles recén nados aos que as súas nais non poden aleitar por distintos motivos.
O perfil das doantes é o dunha muller sa, que aleita e que presenta unha lactación ben establecida en polo menos 3 semanas despois do parto.
En España hai, na actualidade, 8 Bancos de Leite, unha dotación que os profesionais consideran insuficiente para cubrir a demanda existente.
Para un correcto funcionamento, o Banco de Leite humano debe contar cun espazo físico dotado co seguinte equipamento, unha pasteurizadora, un conxelador, analizadores do leite , unha mesa de traballo e outra de recepción de mostras, así como outra pequena sala para a análise das mostras e un despacho para as entrevistas ás posibles doantes.
Para o funcionamento do Banco de Leite precísase o traballo dos médicos neonatólogos, un deles se encarga de coordinar o proceso de doazón e responsabilícese dos controis de calidade. Ademais, unha enfermeira de Dietética, que intervirá en todo o proceso, incluído o de formación e selección das posibles doantes, así como a supervisión do procesamento e almacenamento do leite e a coordinación da posterior dispensación interna. Outros profesionais traballarán na recepción, controis de calidade, procesamento, etiquetaxe e conxelación das mostras recibidas.