• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 8 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Un estudo vigués sobre a hipertensión revoluciona o mundo científico internacional

    O Proxecto Hygia vén de ser publicado na revista de maior impacto mundial en Cardioloxía, a European Heart Journal, e marca un punto de inflexión no enfoque clínico do risco cardiovascular
    Redacción por Redacción
    29 de Ago, 2018
    en Salud
    0
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Así o confirmaron este mércores os coordinadores principais do chamado Proxecto Hygia, o catedrático da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Ramón Hermida, e o coordinador da Unidade Compartida de Investigación de Atención Primaria, Juan Crespo, no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén estiveron  presentes o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial; e a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Belén Rubio.

    “O feito de que esta revista publique o estudo está revolucionando o mundo científico dado as posibles consecuencias clínico asistenciais sobrevidas en relación co diagnóstico, prognóstico e orientación terapéutica da hipertensión arterial e risco cardiovascular; isto é, as conclusión deste estudo marcarán un antes e un despois no enfoque clínico destas patoloxías”, afirma o doutor Juan Crespo.

    A principal conclusión que os investigadores obtiveron en todos estes anos de traballo é moi clara. O risco cardiovascular está asociado coa elevación da presión arterial durante o sono, con independencia de que a presión medida na consulta médica ou cando o paciente estea esperto sexa normal ou alta.

    Ademais, o estudo demostra que reducir a presión durante o sono co tratamento antihipertensivo reduce de forma significativa o risco de eventos cardiovasculares, converténdose así nun novo obxectivo terapéutico.

    Esta nova definición de hipertensión verdadeira baseada na presión durante o sono e o perfil circadiano (variación da presión arterial ao longo das 24 horas) indica que o 47% dos pacientes está mal diagnosticado.

    Tratamentos máis efectivos pola noite
    Outra das principais conclusións do estudio e que o risco cardiovascular nos pacientes con hipertensión diminúen considerablemente cando se lles administra a medicación pola noite, no momento de deitarse a descansar, en lugar de tomala cando se levantan.

    Neste senso, Ramón Hermida afirma que “temos demostrado que as posibilidades de sufrir un accidente vascular, como un infarto, insuficiencia cardíaca ou ICTUS, se reducen nun 53% cando o tratamento hipertensivo se toma pola noite en vez de pola maña”.

    As conclusións son o resultado de 11 anos de investigacións,  nas que se estudaron a 18.078 pacientes, cunha media de seguimento de 5 anos por paciente. “Trátase do maior estudo de risco cardiovascular prospectivo realizado nunca”, engade o investigador.

    Este estudo é especialmente significativo dada a alta prevaleza da hipertensión na poboación, que afecta a un 40 por cento da mesma, incrementándose nos rangos de maior idade, chegando a afectar ao 70 % dos nosos maiores.

    O grupo de traballo que participou no Proxecto Hygia estivo composto por 292 investigadores de 40 centros clínicos, dos que un 70 por cento son centros de saúde do sur de Galicia.

    Monitorización da presión arterial
    Aos pacientes incluídos neste estudo se lles realizaban unhas probas consistentes nun seguimento mediante unha Monitorización ambulatoria da presión arterial (MAPA). É un aparato que se entrega ao paciente no centro de saúde e que ten que levar durante dous días para que cada 20 ou 30 minutos lle mida a súa tensión. Tratábase dunha medición continuada durante todo o día, o que permitiu identificar aos investigadores que o risco cardiovascular está asociado a elevación da presión durante o sono e non cando o paciente está esperto.

    O MAPA debe ser a forma requirida de diagnóstico da hipertensión, sobre todo en persoas de maior risco, incluíndo os maiores de 60 anos ou pacientes con diabetes ou enfermidade renal crónica, a fin de previr riscos cardiovasculares.

    O Proxecto Hygia supón, ademais, unha proba da viabilidade e eficiencia de implementar unha rede para a incorporación progresiva da MAPA nos centros de Atención Primaria que, mediante un informe estandarizado como o utilizado neste estudo, permite mellorar o diagnóstico de hipertensión verdadeira, avaliar a resposta ao tratamento, e reducir a prevaleza dos eventos cardiovasculares.

    Varios premios internacionais
    As concusións desta investigación xa fóronse avanzando segundo coñecíanse os resultados parciais da observación dos pacientes nos últimos anos, o que valeulle ao grupo investigador varios recoñecementos e premios en distintos congresos nacionais e internacionais.

    “Eses premios, e conseguir a publicación do artigo nesta revista, é un recoñecemento ao traballo ben feito, e esperamos que esta investigación sirva para cambiar determinadas prácticas á hora de administrar os medicamentos aos pacientes con hipertensión arterial. De feito, xa hai países que optaron pola alternativa de medicar a estes enfermos pola noite, xa que os medicamentos demóstranse moito máis eficaces cando actúan durante o período de descanso e de soño do paciente”, insisten os coordinadores desta investigación.

    RelacionadosArtículos

    Tres operarios resultan heridos en dos accidentes laborales en Vigo
    Sucesos

    Al menos un herido en una nueva colisión entre dos coches y un camión en la AP-9 cerca del túnel de A Madroa

    08 de Feb, 2023
    Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes
    Local

    Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes

    08 de Feb, 2023
    Una exposición del fotógrafo de animales Tim Flach llega a Vigo para «tocar los corazones del público»
    Exposiciones

    Una exposición del fotógrafo de animales Tim Flach llega a Vigo para «tocar los corazones del público»

    08 de Feb, 2023
    Travesía de Vigo celebra el Carnaval con fiesta infantil, concurso de disfraces, photocall y homenaje a ‘Grease’
    Local

    Travesía de Vigo celebra el Carnaval con fiesta infantil, concurso de disfraces, photocall y homenaje a ‘Grease’

    08 de Feb, 2023
    Un bombero se lesiona durante la extinción de un incendio en el colegio O Pelouro de Tui
    Tui

    Un bombero se lesiona durante la extinción de un incendio en el colegio O Pelouro de Tui

    08 de Feb, 2023
    El arte de Villalobos en el Concello de Vigo
    Más Vigo

    El arte de Villalobos en el Concello de Vigo

    08 de Feb, 2023

    Más Vistos

    Acuerdo para humanizar 7,4 kilómetros de frente portuario de Vigo con un paseo y carril bici

    Adiós al último giro a la izquierda en la Avenida de Beiramar de Vigo

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    por Raquel F. Novoa
    04 de Feb, 2023
    0

    La nueva Rúa do Talude

    La nueva Rúa do Talude

    por Julio Alonso
    06 de Feb, 2023
    0

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    por Redacción
    01 de Feb, 2023
    0

    JD Sports desembarca en el Centro Comercial Gran Vía de Vigo con su local más grande de la provincia

    por Redacción
    07 de Feb, 2023
    0
    JD Sports desembarca en el Centro Comercial Gran Vía de Vigo con su local más grande de la provincia
    Local

    El Centro Comercial Gran Vía de Vigo contará de forma inminente con una de las marcas de ropa y calzado

    Leer mas

    La VI Merdeirada Cativa de Vigo bate récord de participación en el Carnaval 2023: horarios y actividades

    por Redacción
    07 de Feb, 2023
    0
    La VI Merdeirada Cativa de Vigo bate récord de participación en el Carnaval 2023: horarios y actividades
    Local

    El próximo sábado 11 de febrero la rebeldía del Merdeiro dará el pistoletazo de salida al Carnaval 2023 y lo

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR