«A área sanitaria de Vigo conta cos peores rexistros de Galicia en listas de espera cirúrxicas de Galicia desde fai anos. A área sanitaria de Vigo sufriu a discriminación sanitaria por parte da Xunta de Galicia como demostra os 300.000 potenciais usuarios desprazado á área de Santiago en especialidades como cirurxía cardíaca, FIV, etc, coa falsa promesa de recuperalos en breve prazo e que nunca sucedeu», aseguran os traballadores nas súa convocatoria.
Apoiados por todos os sindicatos e por alcaldes como Abel Caballero, a xunta de persoal alerta de que a área sanitaria de Vigo sufre con frecuencia «situacións inadmisibles no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro con colapsos, demoras nos ingresos, falta de intimidade, etc.».
«A área sanitaria de Vigo, a pesar das necesidades descritas ten permanentemente camas pechadas e quirófanos infrautilizados na quenda de tarde, ambos necesarios para acortar as listas de espera. A área sanitaria de Vigo, sufriu nos últimos anos un recorte importante de plantillas. A area sanitaria de Vigo ten tamén un recorte nas contratacións por I.T., permisos, etc. O deficit de persoal en atención primaria agrava a situación das urxencias», explican.
Os traballadores tamén sinalan que a área de Vigo ten un hospital con aparcadoiro privado e sen alternativa para aparcar preto.