O obxectivo desta xornada formativa, impartida pola supervisora de hospitalización obstétrica do hospital, Angelina Teijeiro, e pola EIR en Enfermaría Pediátrica, Laura Frade, era tratar temas de interese para o desenvolvemento evolutivo e continuo dos pequenos de entre 3 e 4 anos, tanto no fogar como na escola.
O obradoiro organizouse a instancias do Centro educativo, que detectou que os nenos desas idades están moi pouco estimulados, tal vez por un exceso de sobreprotección, e carecen das destrezas elementais que lles permitan certa autonomía, como comer solos ou vestirse sen axudas. De ahí, a necesidade de instruir aos proxenitores, para mellorar as habilidades e capacidades dos seus fillos, que lle permitan ao neno unha progresiva independencia e adaptación ao medio.
Segundo explicaron ás poñentes -» é necesario que vaian aprendendo a ser autonónomos e independentes, xa que apórtalles moita seguridade e favorece o seu desenovolvemento psicomotor e a súa capacidade intelectual»-.
Asi, ofreceron pautas de actuación para que os pais promovan e participen no desenvolvemento dos pequenos nas diferentes áreas da aprendizaxe, como a psicomotricidade, a linguaxe, a autonomía, e a socialización.
Ademais, as enfermeiras explicaron tamén cómo empregar a páxina web da EOXI de Vigo, e as vantaxas das novas tecnoloxías para a acceder á información médica como o portal E-Saúde do Servizo Galego de Saúde.
Estas charlas se enmarcan no ámbito das actividades docentes dos profesionais sanitarios, que ademais da labor asistencial, realizan actividades de educación e promoción da saúde na comunidade.