Segundo informou o Sergas, os equipos foron recibidos pola subdirectora de Procesos de Enfermaría, Montse Burgos, a xefa de sección de Pediatría, Mar Portugués e a supervisora de Pediatría, Carmen Chapela.
As consolas e videoxogos, de temática variada, estarán a disposición dos menores hospitalizados, en servizo de préstamo, en función da súa idade e estado de saúde.
Datos do doante
A Fundación Juegaterapia recolle consolas fixas e portátiles, en bo estado, que a xente xa non utiliza e, posteriormente, as dona a hospitais que dispoñen de unidades de pediatría. Cabe destacar que, algunhas das consolas, levan unha etiqueta cos datos do doante para que o niño que a reciba, si o desexa, poida facele chegar o seu agradecemento.
A Fundación tamén distribue ordenadores, xogos electrónicos, tablets, etcera, procedentes de doazóns de empresas, particulares, colexios, universidades e outras organizacións.
Desta forma, pretende aliviar a ansiedade e angustia que a experiencia hospitalaria produce a nos pequenos, ao estar fora de casa, nun entorno descoñecido. Ademais, ás veces, os nenos son sometidos a tratamentos que requiren certo grao de illamento polo risco de infeccións, e non poden asistir ás Aulas do hospital. De aí a importancia desta iniciativa da Fundación Juegaterapia.