En un comunicado emitido este venres, CCOO explica que xa ven denunciando situacións como esta ano tras ano, e dende a «inauguración» do novo hospital de Vigo, con máis forza. Os motivos dos colapsos en urxencias para CCOO son a diminución alarmante das camas hospitalarias de Vigo.
Segundo o sindicato, as camas previstas ata maio do 2015 eran 2007, pero «en realidade son 1.260 e non todas operativas. Lembremos que no Hospital do Meixoeiro siguen pechadas a metade destas, e que no Hospital Nicolás Peña das 117 que había antes da existencia do novo hospital reducíronse ás 60 actuais. Lembremos tamén a redución de camas de observación en urxencias a case a metade das previstas (de 72 a 34)».
Además, Comisións engade que tras o peche do Hospital Xeral de Vigo, anulouse a resolución de recursos sanitarios, «debilitando os recursos de primaria, falta de consultas en especializada que estaba prevista cos centros de alta resolución (C.A.R.) en Vigo e no Morrazo e a dotación dun P.A.C. adecuado con resolución para a zona de Vigo que permitiría desconxestionar o Hospital Álvaro Cunqueiro».
Por último, o sindicato apunta como outro dos grandes problemas a «falta de sustitución de personal nos servizos hospitalarios e en atención primaria. En atención primaria quedaron estes días centros de saúde sen pediatra: Navia, Bembrive e outros centros con déficit de persoal. Nalgún destes centros deriváronse nenos-as directamente ás urxencias do Álvaro Cunqueiro, coas lóxicas protestas de moitos pais».
AMPLIACIÓN: O Sergas asegura que funcionan con «absoluta normalidade»