Chegaron cun coche escaleira e, tras despregala, subiron polo exterior do edificio ata a planta terceira, á que accederon por unha das xanelas da sala de estar.
Unha vez no interior fixeron entrega aos nenos e ás nenas, dunha bolsa na que había unha réplica dun casco de bombeiro, así como pinturas e libros para colorear que fan referencia ás pequenas emerxencias que se poden producir nun fogar e o que se debe facer neses casos. A visita estendeuse tamén ao Hospital de Día Pediátrico e a sala de espera das Consultas de Pediatría.
O persoal do centro médico que estaba nas plantas agradeceu a cada un dos integrantes da dotación o esforzo solidario que realizan cada ano para facer máis agradable a estancia dos pacientes pediátricos nestas datas.