Segundo explica o xefe de servizo de Medicina Nuclear do Chuvi, Luis Campos “este equipo leva incorporado un escáner avanzado de catro cortes, posibilitando localizar anatomicamente e con maior precisión a orixe da lesión. Esta nova tecnoloxía supón dispoñer dunha importante ferramenta diagnóstica que nos aporta un gran beneficio para a interpretación das exploracións”-.
As dúas tomogammacámaras da área sanitaria de Vigo dispoñen de dobre cabezal, e contan con TC (escáner) incorporado. Os equipos de dobre cabezal poden realizar estudos tomográficos e planares do corpo enteiro nun só paso.
A Medicina Nuclear é unha especialidade que utiliza isótopos radioactivos na obtención de imaxes, para o diagnóstico ou tratamento de numerosas enfermidades. A súa maior vantaxe é a precocidade no diagnóstico, ao detectar en imaxes, fenómenos metabólicos ou funcionais antes de que se altere estruturalmente o órgano a estudar.
A carteira de exploración é ampla, incluíndo patoloxías cardíacas, neurolóxicas, endocrinolóxicas, renais ou do aparello locomotor, así como o diagnóstico e tratamento de enfermidades oncolóxicas. Dentro dos procedementos terapéuticos salientar o tratamento dalgúns procesos inflamatorios crónicos, como a artrite, ou ben tumorais, como o cancro de tiroides ou o cancro de próstata avanzado refractario a tratamento hormonal, entre outros.
Novos procedementos no Chuvi
O servizo de Medicina Nuclear da área sanitaria de Vigo conta coa tecnoloxía máis avanzada, xa que ademais das tres tomoganmmacámaras dispón dun PET/TC. Estes equipos posibilitan aos profesionais a realización das técnicas máis innovadoras no seu campo, tanto diagnósticas como terapéuticas.
Precisamente, nos ultimo meses incrementouse a súa carteira de servizos, coa implementación de novos procedementos terapéuticos baseados na administración de radioisótopos. Así, xa están desenvolvendo os tratamentos de radioterapia metabólica en cáncer de próstata avanzado con 223Ra, e proximamente incorporará os tratamentos con microesferas de 90Ytrio para lesións tumorais hepáticas, tantos primarias como metastásicas.
“Esta técnica- explica o doutor Campos- consiste na inxección dunhas partículas do isótopo radiactivo Ytrio-90 nas arterias aferentes hepáticas, procedemento que se realiza pola unidade de Radioloxía Intervencionista, para producir unha radioembolización na lesión tumoral. Unha vez no tumor, permanecen alí e emiten radiación continua, danando ás células tumorais” -.
PET/TC e Unidade de Terapia Metabólica
O PET (Positron Emission Tomography) é unha modalidade diagnóstica de Medicina Nuclear que utiliza isótopos específicos -emisores de positróns- que permite reproducir procesos biolóxicos celulares alterados, en enfermidades oncolóxicas, neurolóxicas ou cardíacas.
O equipo híbrido PET/TC do Meixoeiro, único en Galicia, fusiona a imaxe funcional do PET coa radiolóxica do TC, proporcionando unha maior precocidade e sensibilidade. Esta técnica presenta gran utilidade na detección do cáncer, ofrecendo unha maior exactitude no diagnóstico, en recidivas, e na valoración da resposta ás terapias habituais en procesos oncolóxicos.
Hoxe en día é un procedemento en continuo crecemento nas súas indicacións oncolóxicas, entre outras, formando parte das técnicas diagnósticas utilizadas na Vía Rápida de cancro de pulmón e na sospeita de recidiva no cancro colo-rectal.
Medicina Nuclear conta tamén cunha Unidade de Terapia Metabólica con dúas habitacións protexidas contra a radiación, para a hospitalización dos pacientes que reciben terapias radioactivas, principalmente para tratamento do cancro de tiroides, de modo que completen a terapia sen risco radioactivo para a poboación xeral e o persoal sanitario. Anualmente, nesta Unidade atendénse a 185 pacientes.
Máis 15.000 procedementos terapéuticos
Os profesionais de Medicina Nuclear realizaron o pasado ano 15.361 procedementos terapéuticos, entre os que cabe subliñar ás 7.600 gammagrafías e os 3.700 PET/TC.