Os responsables públicos sanitarios aseguran que desde que o hospital lle trasladou as súas circunstancias económicas, véñense mantendo múltiples reunións entre ambas partes co obxecto de solucionar esta situación e “acordar mecanismos que permitan mellorar a eficiencia na execución do concerto”. Ademais, lembran que as discrepancias que se teñen producido na interpretación do concerto xa foron resoltas en sede xudicial e “confirmaron o criterio formulado polo Sergas”.
O Sergas mantén que desde que se asinou o concerto, no que Povisa compromete a súa responsabilidade para asistir a unha poboación de 139.000 habitantes, non se teñen rexistrado variacións nin na actividade asistencial nin nos indicadores establecidos que xustifiquen variacións nas bases acordadas entre ambas partes.
Desde Sanidade tamén inciden en que as canles de diálogo con Povisa están abertas para avanzar nas negociacións. Igualmente, confirman que están ao día nos pagos establecidos no concerto asinado en 2014 con vixencia ata 2022.
Artigo relacionado: Povisa entra en preconcurso de acreedores y culpa de ello al Sergas