En concreto, trátase de 60 unidades de holter de presión arterial (MAPA) -consistente no sistema para o rexistro, almacenamento e análise da presión arterial de xeito ambulatorio-; 50 espirómetros -dispositivos que miden a capacidade pulmonar-; e 6 retinógrafos- equipo para capturar imaxes da retina sen dilatación pupilar, para a determinación de retinopatías do paciente diabético-.
Esta é unha das medidas a corto prazo contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 aprobado o pasado mes de maio. Esta actuación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria, mediante a renovación do material de diagnóstico obsoleto das consultas dos centros de saúde do Sergas así como a dotación do equipamento necesario.
Estas licitacións súmase á que xa se publicou a finais do mes pasado para a subministración de novo equipamento electromédico tamén destinado a centros de saúde de Vigo cun orzamento que ascende a 579.348 euros. Esta cantidade irá destinada á adquisición de 57 electrocardiógrafos (234.498 euros), 50 desfibriladores (cun custo de 272.250 euros) e 3 ecógrafos (72.600 euros).
Os novos equipos electromédicos permitirán aumentar as prestacións de probas diagnósticas dos centros de saúde da área sanitaria de Vigo, e evitarán desprazamentos de pacientes ao hospital.
A renovación dos ecógrafos posibilitará a mellora na realización de programas específicos de saúde como: ecografía abdominal, urolóxica, xinecolóxica e de aorta e grandes vasos que permiten ao profesional de Atención primaria descartar patoloxías no paciente, evitando o desprazamento de pacientes á atención especializada.