Trátase da segunda edición destas xornadas, reeditada ante o éxito da organizada o pasado ano e dado o gran volume de demanda de información recibida na comisión de Docencia, por parte dos interesados en realizar a súa e formación especializada nesta área sanitaria.
Nesta actividade informativa cóntase coa colaboración de titores e actuais residentes das diferentes especialidades, que serán os encargados de facilitar unha información máis directa sobre o día a día da súa labor asistencial. Así, se lles amosará aos futuros residentes as actividades máis destacadas, os programas formativos, a supervisión e tutorización nas diferentes Unidades e a súa práctica clínica habitual.
Ademais, este ano, se adicará un tempo especifico para expoñerlles tamén a vertente investigadora e docente na EOXI de Vigo, para o que contará coas intervencións dos investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Angel Salgado e Carlos Spuch (este último falará sobre a tese doutoral).
Segundo explica o presidente da Comsiisón de Docencia, Eduardo Murias “estaremos a súas disposición para tratar de aclararlles aquelas cuestións que necesiten e que lles axude na súa elección de praza”.
Por este motivo, os eixos básicos deste Xornada van a ser a xuntanza cos representantes dos residentes e as visitas “in situ” aos diferentes servizos acompañados de titores e residentes.
Para máis información contactar directamente coa secretaria da Comisión de Docencia no telefono 986 217659 ou na paxina web da EOXI de Vigo: www.xxivigo.sergas.es.