A sesión celebrarase este venres a partir das 17.00 horas no salón de actos do hospital Álvaro Cunqueiro. Á mesma asistirán os responsables desta Unidade, así como as asociacións de enfermos que sofren este tipo de doenzas: a enfermidade de Crohn e a colite ulcerosa. Con todo, é unha actividade aberta a tódolos pacientes con EII e aos seus familiares.
“A Unidade, dependente do Servizo de Aparello Dixestivo, foi creada hai case un ano, e aínda que avanzamos moito, necesitamos o contacto directo coas asociacións de pacientes, a fin de coñecer as súas necesidades, tanto desde o punto de vista clínico como do seu día a día, en definitiva saber que aspectos son para eles prioritarios”, explica a doutora María Luisa de Castro Parga, facultativa da Unidade.
A intención é que este tipo de encontros cos pacientes realícese de unha forma organizada e periódica.
Un censo importante
O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) ten rexistrados a 1.600 pacientes na área sanitaria viguesa que están diagnosticados de Enfermidade Inflamatoria Intestinal.
Os profesionais alertan que a súa incidencia está a aumentar, polo que é necesario estar moi atentos a súa evolución. A Unidade mantén activos, é dicir en revisións periódicas e controis, a 850 destes enfermos.
A EII inclúe fundamentalmente a enfermidade de Crohn e a colite ulcerosa. Ambas son enfermidades inflamatorias crónicas que afectan ao aparello dixestivo con períodos de actividade e períodos de remisión. Ademais dos síntomas dixestivos, poden aparecer tamén manifestacións articulares, na pel e noutros órganos como os ollos e o fígado.
O síntoma principal en ambas enfermidades é a diarrea que pode acompañarse de rectorraxia (sangue nas feces), principalmente na colite ulcerosa. Noutras ocasións ven acompañada de dor abdominal, anemia, perda de peso, febre e atraso do crecemento nos nenos. Ante estes indicios póñense en marcha o máis rápido posible os estudos que permiten facer o diagnóstico.
A EII é unha enfermidade crónica. O obxectivo do tratamento é lograr a remisión (ausencia de síntomas) e controlala para evitar os danos estruturais e as complicacións que se poden producir si a enfermidade mantense activa. Estes pacientes poden precisar tratamentos crónicos, ingresos hospitalarios e cirurxías e todo ilo pode incidir na súa calidade de vida.