Para isto contaron coa visita da escritora viguesa Ledicia Costas, que acompañada do ilustrador Andrés Meixide, mantivo unha xuntanza cos pequenos pacientes na que compartiu experiencias e impresións da lectura do seu libro ‘A señorita Bubble’.
Posteriormente, sumándose á campaña nacional da Fundación Atresmedia, lanzaron xunto as súas familias e persoal do hospital, miles de bicos dirixidos a todos aqueles pequenos ingresados noutros hospitais españois.