O programa que se puxo en marcha consiste na realización de 8 sesións, unha por semana, nas que os asistentes reciben formación, axuda e todos os elementos necesarios para que poidan deixar o tabaco. Aos dous meses de concluír coas sesións realizarase un seguimento especial para comprobar se cumpríronse os obxectivos. Todo este programa foi deseñado en colaboración con Xulio Castañal, médico de Familia.
Na primeira sesión avalíase se os pacientes están concienciados para deixar de fumar, á vez que se lles informa das distintas posibilidades que existen para conseguir o obxectivo. “Vemos o tratamento que pode ir mellor en cada caso, se necesitan apoio farmacolóxico ou só cambio de pautas de comportamento”, explica María José Muguerza.
Actividades
Ademais, as sesións en consulta compleméntanse con outro tipo de actividades, que serven para que os pacientes que pretenden deixar o hábito de fumar poidan socializarse con máis persoas e, ao mesmo tempo, cambiar as súas pautas de comportamento diarias.
Nese sentido, dende a Consulta de Enfermaría do Val Miñor véñense organizando periodicamente diferentes actividades comunitarias, “para que os pacientes poidan coñecer as vantaxes da vida saudable en interacción coa súa comunidade”. Se realizan andainas e ensaios teatrais para todos aqueles usuarios interesados en asistir. Recentemente a estas actividades se incorporaron pacientes que desexan deixar de fumar.
“É todo un complemento. A decisión de deixar de fumar, as sesións nas que realizamos seguimentos da eficacia dos tratamentos de cada paciente e as actividades alternativas”, subliña a enfermeira María José Muguerza.