As autoras deste proxecto son 4 residentes de Atención Familiar e Comunitaria da Unidade Docente Multiprofesional da EOXI de Vigo, tres médicas e una enfermeira: Silvia Portela, Goretti Fernández, María Isabel Carril e Nadia Rodríguez.
O obxectivo é analizar a prevaleza das alteracións da memoria na poboación de 50-69 anos da área do centro de saúde do Val Miñor para realizar unha intervención preventiva e poder así comparar a súa evolución, xa que segundo explica Silvia Portela, “apenas existen estudos destes problemas nesa franxa de idade”.
“Partimos dunha investigación previa, na que tras estudar a 190 pacientes, concluímos que o 15,7% da poboación por debaixo dos 65 anos presentaba algún tipo de problema relacionado coa memoria. Esta circunstancia foi a que motivou o desenvolvemento e implantación dunha intervención nestes pacientes”- explica Portela.
Obradoiros de estimulación
Os problemas da memoria, nalgúns casos, poden acabar desenvolvendo un empeoramento dos síntomas. En pacientes de máis de 65 anos, a realización de intervencións preventivas en Atención Primaria teñen demostrado a súa efectividade para poder prever ou atrasar a evolución deste deterioro. Agora trátase de constatar a mesma eficacia nos menores desa idade.
Estas intervencións consisten basicamente na realización de obradoiros de estimulación da área cognitiva e da psicomotriz .
Se o estudo demostra a eficacia destes obradoiros, se prantexaría a implantación destes programas preventivos nos centros de saúde da área de Vigo.