Así, o pasado mes de febreiro comezaron a traballar un odontólogo e un hixienista bucal, e desde o mes de abril ampliouse o persoal non sanitario cunha nova praza de persoal de servizos xerais.
Nestes momentos Navia conta con 36 profesionais de distintas categorías: 8 médicos de familia, 3 pediatras, 2 odontólogos, 9 enfermeiras, 1 matrona, 4 fisioterapeutas, 2 técnicos de coidados auxiliares de enfermaría, 2 hixienistas dentais e 5 traballadores de servizos xerais.
“É unha mostra máis do esforzo que se está facendo en Atención Primaria para mellorar a prestación de servizos aos pacientes, unhas melloras que se implantarán en máis centros de saúde da área sanitaria proximamente e noutras categorías profesionais”, explicou o xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña.