A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia dos principais partidos progresistas que concorren ás próximas eleccións galegas, como Xoaquín Liceaga, do PSdeG-PSOE; Villares, de En Marea, ou Ana Pontón, do BNG, así como responsables dos sindicatos CC.OO, CIG, SAGAP, UGT, e a presidenta da Federacion de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo estarán este sábado na manifestación pola sanidade pública.
«Esta manifestación convocouse en conmemoración da gran manifestación de hai un ano, no que máis de 200.000 persoas mostraron o seu rexeitamento á privatización e recortes sufridos polo Complexo Hospitalario de Vigo (Alvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Muncipal) e ao abandono dos recursos de Atención Primaria do área», apuntou a Xunta de Persoal.
A manifestación sairá ás 12:00 horas do antigo Hospital Xeral e será seguida dunha romaría con tapas, actuacións de grupos musicais, recitais de poesía, etc. na que colaboran as asociacións de comerciantes e veciños da zona afectados pola peche do hospital e «a falta de vontade por destinar os anexos I e II do mesmo a uso sanitario».