Para CCOO esta medida demostra o “nulo interese” por combater as listas de espera. “Os meses de verán son idóneos para reducir as listas de espera, xa que non se dan as circunstancias do inverno, cando acoden moitos doentes neumolóxicos de xeito que se bloquean os quirófanos. Necesitamos todas as camas e os quirófanos funcionando de mañá e tarde”, argumenta o sindicato.
Segundo lembra CCOO, un estudo feito hai cinco anos “demostraba que con todos os recursos funcionando, e con una contratación de tarde nos tres meses do verán, poderíamos reducir as esperas en 4.680 pacientes”.
Servizos mínimos durante a folga
Ademais, a dirección da área sanitaria de Vigo e o comité de folga de Atención Primaria veñen de asinar o acordo de servizos mínimos de cara ao paro que terá lugar os días 21 e 22 de maio.
Nas Urxencias, os mínimos son do cento por cento do persoal e na atención ordinaria haberá traballando 121 médicos de familia, 48 pediatras, dous odontólogos e un farmacéutico.