«A chegada dun novo peche de camas nos meses do verán, non fará máis que incrementar as mencionadas listas de espera», denunciou este martes o sindicato CCOO. Como exemplo, mencioan que unha cita presencial para oftalmoloxía ten unha demora dun ano e as de xinecoloxia outro tanto. No caso de que desta consulta derívase nunha intervención cirurxica a espera multiplícase. Unha cita para unha teleconsulta da especialidade de endocrino, unha das máis castigadas, pode tardar uns 3 meses, e se despois o doente precisa cita presencial, engádense 6 meses mais .
CCOO esixe a apertura de tódalas camas xa pechadas, e o pleno funcionamento das que se preveen pechar no verán, e insiste nun plan de choque, aproveitando a baixada da actividade nos meses de verán, para reducir sustancialmente a espera dos doentes na área de Vigo.