O alcalde, Ángel Rodal, e as concelleiras Carmen Paredes e María Jesús Martíns presentaron no salón de plenos do Concello de Baiona o II Ciclo de Conferencias no que unha vez ao mes haberá unha cita con especialistas en medicinas complementarias.
“Xa foi un éxito o ano pasado e creemos que era moi importante desestacionalizar o evento para que todos os baioneses poidan acudir ás conferencias e ”, apuntou Rodal.
A charla inaugural de Akerman versará sobre a “Conexión mente, cuerpo y emociones. La sanación interior con emociones específicias” e posteriormente será a quenda para a nutricionista baionesa Gloria Pérez, que o día 17 de febreiro, xa no Museo da Navegación, dará unha conferencia titulada “La medicina del amor para alcanzar el bienestar”.
As seguintes conferencias, todas elas no Auditorio do Museo da Navegación, serán o 17 de marzo (Moisé López), o 21 de abril (María
Jesús Alfonso), o 26 de maio (Gerardo Miniño) e se pecharán o 16 de xuño (Roberto López).
Semana do Cancro
Ademais, a concelleira Carmen Paredes anunciou que o 3 de febreiro (20:00 horas) haberá outras dúas conferencias no Museo da Navegación co motivo da Semana do Cancro. Neste caso, serán impartidas polo médico Jorge Cameselle-Teijeiro, doutor en Medicina e Cirurxía e director do Grupo de Investigación en Oncología Clínica da Adicam (Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama) e Lidia Rojo de Dios, enxeñeira agrícola e directora da Aula Medioambiental.