Segundo informou o Sergas, foi necesario realizar unhas pequenas obras de reforma na planta -4, xusto embaixo do PAC. «As obras, que foron consensuadas cos profesionais sanitarios, remataron o pasado xoves, e neste momento estase estreando as instalacións, que están perfectamente dotadas e acondicionadas para prestar unha atención de calidade. De detectarse algunha deficiencia estrutural ou incidencia no funcionamento destas instalacións, procédese a solventala de xeito inmediato», apunta o Servicio Galego de Saúde nun comunicado.
Engade que a Unidade está dotada cunha sala de RX convencional, tres cabinas, unha Sala de espera de pacientes, e unha zoa de estar de persoal. Ademais, dispón de aseos específicos e diferenciados para pacientes. O persoal utiliza os vestiarios na zona, que contan con aseos e con taquillas. «A súa accesibilidade queda garantida con dous ascensores que comunican todo edificio e unha saída de emerxencia a Rúa Pizarro», indica.
Incremento de Recursos Humanos
Esta Unidade realiza probas de radioloxía simple, placas de abdome, tórax e exploracións osteoarticulares, tanto programadas -conta cunha axenda propia na que se citan medio centenar de pacientes diarios- como as urxentes demandas polo PAC e polos centros de saúde da área de Vigo.
No momento actual, a actividade é atendida por un TER (Técnico Especialista de Radiodiagnóstico) por quenda, aínda que nos próximos días vaise incorporar outro máis por quenda para reforzar o servizo (mañan e tarde). En total, incorporaranse dous TERs máis a esta Unidade.
Servizos asistenciais do Anexo II
Coa incorporación da Unidade de Radioloxía ao Anexo II, este centro sanitario dispón dos seguintes servizos: PAC; Centro de saúde de Bolivia; Unidade de Reprodución Asistida; Consulta de Esterilidade; Centro de Orientación Familiar (COF); Unidade de fisioterapia (ambulatoria). Ademais, vaise unificar neste Anexo as Unidades de Saúde Mental de Coia, A Doblada e Lavadores unha vez realizadas as obras para a súa adaptación funcional.
Próximo investimento de 900.000 euros
Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia publicou este luns unha resolución pola que se anuncia a contratación da obra de adaptación para centro de saúde e unidade de saúde mental no Anexo II do Hospital Xeral. Esta obra, cofinanciada cos Fondos Feder, ten un orzamento de 933.000 euros e un prazo de execución de tres meses.
O obxecto desta actuación é ampliar o actual centro de saúde, na planta 0, para emprazar ahí algunhas consultas de adulto do centro de saúde de A Doblada, que na actualidade ocupan espazos do centro de especialidades de A Doblada. Tamén vaise realizar obras de adaptación funcional para unificar na planta 1 as Unidades de de saúde mental de Coia, A Doblada e Lavadores.