• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación de Pontevedra cancela actividades e pecha instalacións

    A institución provincial activou un novo protocolo de actuación con medidas de flexibilidade laboral para o seu persoal
    Redacción por Redacción
    12 de Mar, 2020
    en Salud
    0
    A Deputación de Pontevedra cancela actividades e pecha instalacións

    Ante o peche dos centros escolares anunciado pola Xunta de Galicia, o goberno da Deputación de Pontevedra activou un novo protocolo de actuación para que as traballadoras e traballadores da institución provincial poidan acollerse a posibles medidas de flexibilidade laboral, reorganización de quendas ou traballo remoto, ao fin de minimizar o impacto nas familias.

    Estas medidas, que serán efectivas a partir do próximo luns, non serán aplicables nos Servizos Esenciais como é o caso de Príncipe Felipe, a fin de garantir o benestar das nenas e nenos do centro. A presidenta Carmela Silva asinou unha resolución na que se fixan os requisitos para o seu funcionamento, sempre que sexa posible, e baixo os parámetros que se están a elaborar polas Xefaturas de Servizo.

    Desde o departamento de Novas Tecnoloxías xa se está a traballar nunha estrutura para que as traballadoras e traballadores da Deputación que poidan acollerse ao traballo remoto segundo as necesidades dos servizos, dispoñan desde os seus domicilios das condicións de conexión adecuadas para poder realizar on line as súas tarefas.

    Dispositivo de actuación no Centro Príncipe Felipe
    Este xoves celebrouse a primeira reunión do Comité de Seguimento do COVID19 no Centro de Menores dependente da Deputación de Pontevedra, integrado polo director, a xefa médica, a xefa de sección, os directores dos centros de acollida Agarimo e Escola Fogar e a Xefa de Mantemento. Xa se está a deseñar un dispositivo de actuacións a seguir xa que, tras o peche dos centros escolares, os 192 nenas e nenos de Príncipe Felipe terán que ser atendidos nas 24 horas no centro. Reforzarase igualmente o persoal de seguridade xa que as entradas e saídas do centro de menores quedarán restrinxidas.

    Ademais, decidíronse incrementar as estratexias de hixiene do persoal educador, do persoal sanitario e dos menores coa instalación de novos dispensadores de hidroxel, e dos protocolos de atención para reorganizar o servizo. Tamén canceláronse todas as actividades deportivas no Centro.

    Museo Provincial
    O goberno da Deputación decidiu o peche do Museo Provincial de Pontevedra desde este venres, co que quedan suspendidas todas aquelas actividades, seminarios, programas e visitas ata que a se restableza a normalidade. Igualmente, péchase o Arquivo Provincial.

    Unha traballadora do museo está a desenvolver desde o pasado luns as súas tarefas desde o seu domicilio tras un contacto cunha persoa en Madrid que despois deu positivo no COVID19. A traballadora non presenta sintomatoloxía algunha pero aínda así permanecerá na súa casa nas próximas dúas semanas.

    Castelos, Escola de Cantería e Revitaliza
    A Deputación tamén pechará desde este venres os Castelos de Soutomaior e Sobroso, así como a Escola de Cantería. Igualmente suspéndense todas as actividades que se estaban a facer nos centros escolares do programa Revitaliza, e dos programas DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP, os cursos de Labora 2020 e as actividades presenciais de SmartPeme

    Barreiras de Seguridade
    Aínda que a recomendación segue a ser evitar a presenza da cidadanía nas sedes da Deputación de Pontevedra e que o público realice todas as xestións ao través das canles telemáticas e telefónicas, o goberno de Carmela Silva decidiu tamén incrementar a protección do persoal e da cidadanía. Así, nas próximas horas procederase á instalación de barreiras de sinalización coa distancia de seguridade en todas as dependencias de atención ao público que dependen da institución provincial. Estas barreiras suporán a distancia de seguridade dun metro entre as traballadores ou traballadores que están detrás dos mostradores co público, así como entre as persoas.

    Amais, o goberno provincial, que lembra a recomendación de non celebrar reunións ou viaxes innecesarias, procedeu tamén á cancelación de novos actos como as conferencias de marzo e abril da Academia Galega de Ciencias, e mañá venres interromperase o prazo de presentación de solicitudes do programa Depotermal, cuxas quendas aprázanse ao segundo semestre do ano.

    Finalmente, quedan canceladas na provincia todas as actividades das DeporteEscolas dependentes da Deputación de Pontevedra. Son 209 nas que participan máis de 10.000 nenas e nenos

    43

    Tags: coronavirusDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025
    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros
    Comarcas

    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros

    05 de Jun, 2025
    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas
    Gondomar

    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas

    04 de Jun, 2025
    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR