«Coa política de ausencia de substitucións que leva esta Administración, coa perda de postos de traballo que na CIG-Saúde xa temos denunciado (derivados da aplicación da taxa de reposición, da derrogación do Plan Mellora e do Plan de Saúde Mental…), e co necesarias que son as prazas estruturais para desenvolver a prestación sanitaria, pensamos que os cartos públicos deben ser empregados en incrementar os recursos humanos que prestan asistencia sanitaria ao conxunto da cidadanía», explica o sindicato nun comunicado.
A CIG-Saúde engade que «as funcións que desenvolven os capeláns, para atender as necesidades dun determinado grupo de persoas, non deben ser financiadas cos cartos que o conxunto da sociedade paga cos seus impostos e que eses cartos deben ser dedicados a financiar á asistencia sanitaria».