Segundo anunciou este venres o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), trátase dunha medida extraordinaria, deseñada para dar solución a indispoñibilidade de persoal médico para cubrir aquelas ausencias non programables, isto é, cando estas son coñecidas ás poucas horas ou na mesma quedan de traballo que o suceso causante.
Durante o pasado 2018 e ata a data, lévanse rexistradas 14 ausencias sobrevidas que conlevaron obrigatoriedade na prestación de servizos para garantir asistencia a cidadanía.
A finalidade, explica o Chuvi, é ter mecanismos establecidos para dar resposta rápida ás incidencias e “mellorar as condicións e calidade do traballo dos profesionais, que poderán organizar e planificar mellor a súa actividade, facilitándolles a conciliación familiar e laboral”.
A día de hoxe están inscritos 28 profesionais que, segundo o calendario confeccionado, estarán de garda localizada cando lles toque, para cubrir calquera ausencia non programada que puidese xurdir nos PACs da área viguesa.