• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 22 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Tribuna Libre

    Señor alcalde: eu non reclamei nada, moito menos barco ningún

    Pedro Feijoo por Pedro Feijoo
    16 de Dic, 2014
    en Opinión
    0
    Señor alcalde: eu non reclamei nada, moito menos barco ningún
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Pero, agora que o penso, xuraría que eu non reclamei nada… E iso que tamén son vigués desde o día en que nacín, que en Vigo pago os meus impostos, e que lle teño tanto amor á miña cidade que mesmo lle dediquei unha novela. Non, non creo que ninguén vaia dubidar do meu compromiso como cidadán se digo que, así e todo, eu non reclamei nada. Moito menos ningún barco en ningunha rotonda… Non, nin eu reclamei nada nin, se lle son sincero, teño constancia de ningún movemento cidadán que tal cousa pedise.

    Vexo que tamén dixo vostede que o barco é aí onde ten que estar, por respecto ás nosas tradicións e orixes, e que «dentro de poco habrá un barco precioso en la ciudad, un barco magnífico para ver cómo es Vigo, una ciudad de barcos». Home, señor alcalde, non sei como o verá vostede, pero para min que onde teñen que estar os barcos é no mar, que para iso foron feitos… Ou, no seu defecto, nun museo adicado ao mar. Un museo como o que, aínda que moitas veces pareza que nin nós mesmos saibamos que está aí, xa temos nesta cidade. Agora, onde si que non creo que teñan que estar os nosos barcos, por moi históricos que sexan, é nas nosas rúas. Non sei como o verá vostede, pero a min cústame moito imaxinar un atuneiro baixando pola Gran Vía, un arrastreiro buscando sitio para aparcar na Porta do Sol, ou un cargueiro convertido no 11 de Vitrasa. Señor alcalde, non é necesario que nos trate coma se fósemos parvos: agradecemos o seu interese pedagóxico, pero de sobra sabemos como é un barco, non é necesario que nolo recorde vostede chantándonos un en plena rotonda de Coia.

    E moito menos se tal operación vai ter un custe de 300.000 euros, de 600.000 euros, ou de canto sexa. Porque a ese respecto tampouco se mostra vostede transparente, señor alcalde: di vostede que todo ese baile de cifras é falaz e mentireiro, e que o custe real será de «la mitad de la mitad de la mitad de lo que dicen los mentirosos» pero, iso si, sen concretar número ningún. Pois moi ben, señor alcalde. Pero tendo en conta que o seu barquiño non vai aparecer en Coia por arte de maxia, sexan esas cantidades as metades de seiscentos mil, de trescentos mil ou de cento cincuenta mil euros, o que está máis que claro é que algo custará, e que ese algo non vai ser precisamente pouco diñeiro, polo que seguimos a falar dunhas cantidades que resultan terriblemente indecentes á luz do tempo que vivimos. Porque por se xa o esqueceu vostede, señor alcalde, estamos nun tempo de crise brutal. Crise que, esa si, afecta practicamente a «la ciudad entera». Porque a nosa non é unha cidade burguesa, señor alcalde. Non somos Xenebra, nós non vivimos do negocio bancario. Nin somos París, nin o noso é a alta costura. E tampouco somos Abu Dabi, que aquí as nosas leiras dan patacas, non petróleo. A nosa é unha cidade proletaria, que onte foi mar e hoxe é automoción. Somos mans manchadas e feridas, polas redes que a nosa xente subiu do mar e máis pola graxa motores que os nosos compañeiros montan en Balaídos. Ese si é a nosa orixe e a nosa tradición, señor alcalde, e hoxe o noso presente é crise, que quen máis quen menos todos temos alguén nas nosas casas afectado por esa crise.

    E, se a nosa non é unha vila burguesa, o barrio de Coia tampouco é que sexa precisamente «a milla de ouro» da cidade. Coia é, como tantos outros, un dos barrios vigueses onde a crise séntese día tras día. Estou seguro de que xa o fixo vostede, señor alcalde, pero, por se acaso, convídoo a repetir o meu paseo polo barrio, a ver cantos negocios atopa pechados, tendas en traspaso, locais en aluguer… Non, as cousas non van ben, e o último que os veciños de Coia precisan hoxe é ver como o seu alcalde despilfarra nin medio euro en aparcar un barco nunha rotonda con tanta e tanta axuda como se necesita noutros aspectos máis apremiantes. Unha pouca de sensibilidade, por favor…

    É verdade que eu son, como di vostede, un deses que falan sen ser veciño de Coia, señor alcalde. Pero tampouco é menos certo que eu non son da CIGA, como tamén vostede di. Nin do Bloque, nin do PP, nin do PSOE. Eu son un veciño seu, da cidade, e como tal xa nin sequera «reclamo», senón simplemente prégolle que reconsidere a súa postura. Agora o que toca aparcar non son barcos, senón orgullos, señor alcalde, que o que os tempos piden é outro tipo de compromisos. Como broma xa nos bastou todo o episodio da cruz do Castro. Deixe vostede o barco na ría, ou léveo para o Museo do Mar, e invista os cartos que tiña pensado meter en tal disparate en obra social, señor alcalde. Done os cartos ao Banco de Alimentos, amplíe o gasto do Comedor Social, invista nas persoas, na xente que máis o precisa. Porque aínda que esa metade da metade da metade nada máis sexa un euro, señor alcalde, neste momento un euro no peto dun cidadán necesitado vale máis que unha flota enteira chantada nunha rotonda calquera.

    ARTIGO ORIXINAL NO BLOG DE PEDRO FEIJOO

    Tags: Abel CaballeroBarcoBernardo AlfagemeCoiaPedro Feijóo

    RelacionadosArtículos

    Caballero avisa de que aún no tiene “ninguna solicitud” para que Muse actúe en Balaídos
    Música

    Caballero avisa de que aún no tiene “ninguna solicitud” para que Muse actúe en Balaídos

    20 de May, 2022
    Pésames de la política, literatura y cine por la muerte de Domingo Villar
    Libros

    Pésames de la política, literatura y cine por la muerte de Domingo Villar

    18 de May, 2022
    Caballero felicita a Rueda pese a que la perspectiva para Vigo no es “aparentemente buena”
    Local

    Caballero felicita a Rueda pese a que la perspectiva para Vigo no es “aparentemente buena”

    16 de May, 2022
    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos
    Local

    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos

    13 de May, 2022
    El Concello de Vigo promete a la plantilla de Vitrasa que estudiará “todas las posibilidades legales”
    Local

    El Concello de Vigo promete a la plantilla de Vitrasa que estudiará “todas las posibilidades legales”

    12 de May, 2022
    ‘Bernardo Alfageme’: O gala o luto, pero no ambos
    Opinión

    ‘Bernardo Alfageme’: O gala o luto, pero no ambos

    12 de May, 2022

    Más Vistos

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Desalojan de un autobús en Vigo a un pasajero “agresivo” y sin mascarilla

    Hallan el cadáver de un hombre en su vivienda de Vigo, tras la alerta de una vecina por un fuerte olor

    por Redacción
    17 de May, 2022
    0

    Campaña de la DGT en Galicia para sensibilizar sobre los usuarios más vulnerables de las carreteras

    por Redacción
    20 de May, 2022
    0
    Campaña de la DGT en Galicia para sensibilizar sobre los usuarios más vulnerables de las carreteras
    Actualidad

    La Dirección General de Tráfico (DGT) y la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil iniciarán el lunes una campaña...

    Leer mas

    Estos son los campamentos infantiles para el verano de 2022 en Vigo

    por Vanesa Vázquez
    19 de May, 2022
    0
    Estos son los campamentos infantiles para el verano de 2022 en Vigo
    Local

    Se acerca el verano y con él la difícil tarea familiar de conciliar la vida laboral con las vacaciones de...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1975

      Alta mortalidade infantil no Vigo de finais do século XIX

    • Alta mortalidade infantil no Vigo de finais do século XIX
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR