Os diferentes xurados estiveron constituidos por máis de sesenta persoas do campo da cultura, das artes e das ciencias, e deliberaron perante varias horas para elexir os premiados entre numerosos nominados. Logo dun aperitivo ofreceuse unha comida á que asistiron máis de trescentos comensales entre os que se encontraba o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o secretario xeral do PSOE galego, Gonzalo Caballero, e numerosas personalidades da política, da cultura e da sociedade galega. O acto estivo amenizado polo cuarteto de música “Caramuxo”, e perante os postres cada secretario do corrrespondente xurado foi desvelando o nome de cada premiado: Mercedes Peón, José Luis Mascareñas, Javier Alonso de la peña, Ana Romaní, Federación de Razas Autóctonas de Galicia, Xabier P. Docampo, xa falecido, Álvaro Gago, e Mostra de Teatro de Cangas. Na fotografía principal aparecen os premiados na compaña de Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, e a outra fotografía, tomada nos xardíns do Hotel Los Escudos, corresponde ao conxunto dos membros de todos os xurados e membros da Fundación.