• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 25 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación

    O equipo, que se renovou este curso con 50 novas incorporacións, agarda rematar o monopraza o antes posible e poder traballar con el nos meses previos ás carreiras
    Redacción por Redacción
    20 de Ene, 2023
    en Motor
    0
    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación

    O equipo, o pasado verán no Formula Student East, en Hungría, co UM22 / Foto: UVigo

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A temporada 2022-23 está sendo para o UVigo Motorsport unha etapa de moitos cambios. Tras varios anos cun equipo formado por entre 40 e 50 persoas, este curso conseguiron renovar e ampliar considerablemente o seu cadro de persoal ata acadar 71 alumnos e alumnas. Con este novo impulso, agardan poder adiantar todas as fases de deseño e fabricación e ter listo o monopraza UM23 o antes posible, para así poder rodalo e testalo con suficiente antelación respecto das competicións de Formula Student do verán.

    Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, este 27 de xaneiro terán lugar as probas de acceso para a maioría das carreiras e, en función dos resultados que obteñan, decidirán en que circuítos rodará o UM23, aínda que a proba española semella que seguirá sendo unha cita indispensables para o equipo vigués.

    O novo responsable de Organización e Márketing, Óscar Hermida, que toma a remuda de Sara Barbeito, explica que a etapa de deseño está practicamente pechada, “a excepción de pequenos detalles” e agora se están ultimando os preparativos para comezar coa fabricación. Despois de deixar atrás as vacacións de Nadal e a unha vez remate a época de exames, o ritmo de traballo incrementarase co obxectivo de “obter un bo resultado nos exames de acceso ás competicións do día 27 de xaneiro”.

    Coa vista posta precisamente nas carreiras do próximo verán, recoñece Hermida que sobre as  expectativas do equipo “só podemos dicir o mesmo que sempre, a expectativa número 1 é rodar, e rodar o mellor posible”.

    Un equipo procedente de 21 titulacións diferentes

    O equipo actual, que debe deseñar, fabricar e competir co UM23, está formado por 71 membros (un 10% son alumnas) que proceden de 21 titulacións diferentes. Teñen especial presenza as e os estudantes de Enxeñaría Mecánica (21), de Enxeñaría Informática (12), de Enxeñaría Aeroespacial (8) ou Intelixencia Artificial (4) pero en UVigo Motorsport tamén hai estudantado de titulacións como Educación Social, Enxeñaría de Organización ou Administración e Dirección de Empresas. Ademais, contan con dous asesores profesionais e 12 membros asesores.

    O feito de contar cunha base máis ampla agardan que os axude a acadar un dos seus obxectivos principais de cara a este ano, que é “adiantar aínda máis todos os prazos e conseguir un monopraza funcional o antes posible, sobre o cal poder traballar durante varios meses antes das competicións e así obter o máximo rendemento posible”.

    Por outra banda, os cambios nos prazos de deseño e fabricación sumado ao feito de que o número de membros sexa de case o dobre que en tempadas anteriores, implica necesariamente cambios organizativos, recoñece o voceiro do equipo. O máis destacable é a creación de subdivisións dentro de algúns dos departamentos máis grandes, o cal permite axilizar o traballo. A isto súmase outra das novidades, a implantación dunha nova plataforma de traballo, que se converte “na nosa canle principal tanto para comunicación interna, para traballar en liña de maneira simultánea ou para almacenamento de documentos e información”.

    Valoración da temporada pasada

    Respecto da pasada temporada, na que o equipo vigués competiu en Hungría no Formula Student East e en Castellolí no Formula Student Spain, “a valoración global é moi boa”.  Hermida recoñece que pese a que os resultados obtidos en Hungría “non foron os desexados, conseguimos que o UM22 superase as inspeccións mecánicas e de normativa, o cal non se lograba dende 2019”. Ademais, engade, “todas as valoracións e consellos recibidos dos xuíces, así como a experiencia dunha competición real, permitíronnos chegar á Formula Student Spain moito mellor preparados”.

    Así, tras uns axustes finais, a segunda cita estival foi no circuíto de Castellolí, onde superaron sen problemas todas as inspeccións técnicas e mecánicas, así como as probas de seguridade do monopraza, o que lles permitiu finalmente rodar na competición. “O UM22 conseguiu rematar todas e cada unha das probas dinámicas, incluída a Endurance, unha proba de resistencia e fiabilidade que moi poucos equipos completan, e na cal acadamos un 5º posto. No que respecta ás probas estáticas, cabe destacar o 3º posto obtido no Business Plan Presentation, un dos mellores resultados da historia do equipo”.

    Formula Student Spain, un fixo do calendario

    De cara a esta nova temporada, o equipo aínda non ten decidido cales son as súas preferencias no que aos circuítos se refire. Será unha vez coñezan dos resultados das probas de acceso que se celebrarán maioritariamente este 27 de xaneiro cando decidan. Con todo, recoñecen que a cita co Formula Student Spain é case obrigada, unha competición na que se senten “como na casa”. Á hora de seleccionar unha proba internacional, a decisión é máis complicada, apunta Óscar Hermida.

    “O pasado ano quedamos moi contentos ca Formula Student East, polo que non descartamos repetir, pero este será o último ano que se celebre competición para coches de combustión en Alemaña, e existe a posibilidade de participar na Formula Student UK en Silverstone, que posiblemente é a competición máis exclusiva; ademais, este ano celebrarase abertamente por primeira vez a Formula Student Portugal. Gustaríanos poder asistir a todas, pero participar nunha competición é moi custoso, polo que cada ano non nos podemos permitir participar en mais de dúas”.

    O futuro pasa polo coche autónomo

    Nas últimas temporadas da Formula Student o coche autónomo foise abrindo paso ata chegar a ser un requisito obrigatorio, por exemplo, na FSG. É por iso que o equipo vigués foi introducindo estas características nos seus últimos vehículos e, “aínda que o UM23 aínda non será completamente autónomo”, poderá competir sen restricións nin penalizacións nese aspecto. “Estámonos preparando para o momento en que este cambio sexa unha esixencia”, recoñece Hermida, e cada vez máis sistemas do coche están deseñados para poder funcionar de maneira electrónica.

    De feito, un dos maiores avances do departamento de electrónica este ano, lembra “é conseguir implementar o protocolo de comunicación CAN-Bus, que será moi necesario para o futuro coche autónomo”. No que se refire á autonomía do vehículo, para esta temporada os retos de UVigo Motorsport son principalmente dous: “conseguir un prototipo autónomo funcional e real e poder participar nunha competición de coches autónomos”.

    Tags: UVigoUVigo MotorsportUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Local

    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    17 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023
    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións
    Local

    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións

    15 de Mar, 2023

    Más Vistos

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    por Redacción
    23 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva

    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva

    por Redacción
    24 de Mar, 2023
    0

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    por David Lorenzo
    24 de Mar, 2023
    0
    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED
    Local

    La Gran Vía de Vigo ya tiene en marcha las rampas mecánicas que conectan la avenida entre el cruce con la

    Leer mas

    Nuevo concierto para este verano en Castrelos: David Bisbal regresa a Vigo cuatro años después

    por David Lorenzo
    24 de Mar, 2023
    0
    Nuevo concierto para este verano en Castrelos: David Bisbal regresa a Vigo cuatro años después
    Música

    Segundo concierto confirmado para el cartel de Castrelos 2023. David Bisbal se suma a Pablo López en la lista de

    Leer mas

    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva

    por Redacción
    24 de Mar, 2023
    0
    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva
    Local

    El azar hizo una parada en Vigo este jueves por la noche para regar de dinero tres puntos diferentes de

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR