Esta proba, que acollerá a afeccionados das motos de toda Galicia, ten como obxectivo final rematar o percorrido desfrutando da condución en moto, da navegación con rutómetro ou libro de roteiro (roadbook) e dos valores da paisaxe.
As motos do Terras Meigas percorrerán 320 quilómetros en duas etapas, sábado de tarde e domingo de mañá. A inscrición poderá realizarse ata o día 29 de setembro na páxina de Facebook da ruta ou en este enlace.
A organización ten prevista realizar distintas visitas e disporá de puntos para o avituallamento así como de sorpresas inesperadas que fagan da xornada un momento divertido.
Os participantes poderán inscribirse na proba mixta ou na proba 100% asfalto para dar cobertura a distinto tipo de motos. Condución responsable, respeto ao entorno, cumprimento das normativas de tráfico e compañeirismo son algunhas das premisas desta proba para a que se precisarán arredor de catro horas diarias.
Todos os participantes terán un libro de ruta coas indicacións a seguir xunto coa información adicional de lugares recomendados para visitar. Tamén se lles entregará un pasaporte de ruta cos tickets para gozar dos servizos ofrecidos.
Para comprobar que se realizou a ruta estableceránse lugares nos que fotografiarse. A saída realizarase de xeito escalonado en equipos de, como máximo, catro motos para non saturar as estradas e por a proba a orientación dos participantes que terán un horario de saída e uns tempos de paso obrigatorios; tempo suficiente para poder realizar a ruta respectando todas as normas de circulación.
O concello de Ponteareas colaborará con esta proba en materias de seguridade viaria, información turística e guías e detalles institucionais. O goberno local agradeceu esta iniciativa que dará a coñecer o patrimonio natural e histórico ademais de promocionar a gastronomía local e os produtos típicos da cidade.
Máis información no número de teléfono (0034) 677406646 ou no enderezo electrónico terrasmeigasroadbook@gmail.com