• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 8 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O novo monopraza de UVigo Motorsport xa está listo para correr

    Tras múltiples probas de rodaxe no aparcadoiro da Escola de Enxeñería Industrial, o UM22 estrearase o 7 de agosto en Hungaroring, sede do Gran Premio de Fórmula 1 de Hungría
    Redacción por Redacción
    27 de Jul, 2022
    en Motor
    0
    O novo monopraza de UVigo Motorsport xa está listo para correr

    Parte do equipo de UVigo Motorsport co UM22. / Foto: Uvigo.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Despois de moitos meses de intenso traballo, o UM22, novo monopraza deseñado e fabricado pola escudaría universitaria UVigo Motorsport, xa está listo para correr. Tras múltiples probas de rodaxe no aparcadoiro da Escola de Enxeñería Industrial, a estrea oficial terá lugar do 7 ao 12 de agosto no circuíto húngaro Hungaroring, sede dos eventos do Gran Premio de Fórmula 1 de Hungría. Será, ademais, a primeira vez que o equipo, constituído por preto de medio cento de estudantes de diferentes titulacións dos campus da Vigo e Ourense, compita na Formula Student East, a Fórmula Student da rexión leste de Europa.

    “O UM22 está listo para correr e demostrar todo o que traballamos esta tempada”, explica a estudante de Enxeñaría Aeroespacial Sara Barbeito, team leader do equipo e responsable de Organización e Marketing, quen adianta que, tras o paso por Hungría, a seguinte cita será do 29 de agosto ao 4 de setembro na Formula Student Spain, que este ano se disputará no Circuit Parc Motor Castellollí, un circuíto deseñado por Dani Pedrosa situado a 25 minutos de Barcelona, entre Igualada e Martorell.

    Como gran novidade do UM22 destaca o cambio de chasis, pasando dun “mixto” formado por un monocasco e un chasis tubular na parte traseira do monopraza, onde se sitúa o motor, a un novo chasis completamente tubular, o que lles permitiu acabar o proceso de fabricación moito antes ca en anos previos e lles deu pé a poder rodar máis co coche. Deste xeito “tanto pilotos como técnicos foron capaces de espremelo ao máximo e coñecelo tan ben como a un mesmo”, explica Barbeito, ao que engade que esta dispoñibilidade de tempo extra permitiu tamén realizar un novo mapeado do motor, o que os capacita para sacarlle ao coche o máximo partido en pista.

    Xunto ao cambio de chasis, Barbeito destaca tamén o traballo realizado ao longo deste curso polo Departamento de Aerodinámica do equipo que permitiu incorporar ao monopraza un novo alerón dianteiro que mellorará o desempeño en pista do coche.

    Aprender e ter en conta o acontecido en tempadas pasadas, “xa dende a fase de deseño”, fixo tamén que esta tempada o equipo fose capaz de ir pensando en posibles solucións para todos os problemas aos que tiveron que enfrontarse en tempadas previas. Nesta liña, desde o equipo destacan que o UM22 dispón dun novo escape, variouse a xeometría dos aleróns dianteiro e traseiro, deseñouse un novo cableado que se adapta mellor aos obxectivos do equipo, así como tamén un novo volante “máis ergonómico e que lle facilita ao piloto o control do vehículo”. Son distintas melloras que, ao xuízo dos integrantes do equipo, permitirán optimizar o rendemento do coche.

    No 2021 problemas técnicos impediron que o UM21 puidese chegar a competir. Agora as cousas son moi distintas, están moi satisfeitos co traballo realizado ao longo de todo o curso e as expectativas son boas. “Agardamos conseguir acabar as probas dinámicas e acadar os mellores resultados posibles”, explica Barbeito. Para conseguilo desprazaranse a cada unha destas competicións un equipo de arredor de 20 persoas, en función das necesidades que teña o equipo en cada unha delas e tendo tamén en conta “quen traballou máis ao longo de toda a tempada”.

    Medio cento de estudantes de Vigo e Ourense

    Detrás da ilusión de ver rodar este verán o UM22 en circuítos profesionais está UVigo Motorsport, o único equipo galego de Formula Student. Son preto de medio cento de alumnas e alumnos de 12 titulacións, sendo os  estudantes de Enxeñaría Mecánica os máis numerosos, con 11 membros, seguidos por Enxeñaría Aeroespacial, con nove, e Enxeñaría Informática con oito. Xunto con eles e elas, o equipo conta tamén con alumnado de Enxeñaría Electrónica e Automática; do dobre grao en Enxeñaría Mecánica e Electrónica e Automática; Tecnoloxía Industrial; Enxeñaría de Telecomunicación; Enxeñaría de Organización Industrial; o dobre grao en Enxeñaría Biomédica e Electrónica Industrial e Automática; Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Enxeñaría Biomédica.

    Úneos a súa paixón polo mundo do motor e a ilusión por sacar adiante novos retos, representando á Universidade de Vigo e aos seus múltiples patrocinadores (Concello de Vigo, Zona Franca, Bosch, Coasa, Grupo Copo…) por circuítos de toda Europa. Próximo destino: Hungría.

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo implícase nun proxecto de cooperación para impulsar a intelixencia artificial no leste de África
    Local

    A UVigo implícase nun proxecto de cooperación para impulsar a intelixencia artificial no leste de África

    07 de Feb, 2023
    Arranca unha nova tempada de obradoiros na UVigo coa cata de viños e a apicultura como novidades
    Local

    Arranca unha nova tempada de obradoiros na UVigo coa cata de viños e a apicultura como novidades

    03 de Feb, 2023
    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial
    Local

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial

    31 de Ene, 2023
    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores
    Local

    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    25 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Acuerdo para humanizar 7,4 kilómetros de frente portuario de Vigo con un paseo y carril bici

    Adiós al último giro a la izquierda en la Avenida de Beiramar de Vigo

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    por Raquel F. Novoa
    04 de Feb, 2023
    0

    La nueva Rúa do Talude

    La nueva Rúa do Talude

    por Julio Alonso
    06 de Feb, 2023
    0

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    Luz verde al lavado de cara del entorno de Balaídos, con nueva explanada y ‘photocall’

    por Redacción
    01 de Feb, 2023
    0

    Adiós al último giro a la izquierda en la Avenida de Beiramar de Vigo

    por Redacción
    03 de Feb, 2023
    0
    Acuerdo para humanizar 7,4 kilómetros de frente portuario de Vigo con un paseo y carril bici
    Local

    Son cientos los conductores vigueses que utilizan el desvío y son los mismos que dentro de unos meses tendrán que

    Leer mas

    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”

    por Raquel F. Novoa
    04 de Feb, 2023
    0
    Abre en Vigo una tienda de moda japonesa kawaii que organiza ‘Maid café’ y eventos: “No son disfraces”
    Local

    En el Centro Comercial Camelias acaba de abrir sus puertas un establecimiento que comunica directamente con Japón. Zenryoku Kawaii Style

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR