• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un estudo saca á luz a biodiversidade oculta nas covas viguesas do Folón

    Realizado na EE Forestal da Universidade de Vigo, trátase da primeira relación da fauna que habita nestas cavernas. Identificáronse 115 especies de artrópodos, varios deles nunca detectados en Galicia
    Redacción por Redacción
    22 de Ene, 2021
    en Medio Ambiente
    0
    Un estudo saca á luz a biodiversidade oculta nas covas viguesas do Folón

    Cordero e Moreira realizaron 18 visitas ás covas. / Foto: DUVI

    Na parroquia viguesa de Coruxo atópase o conxunto de cavidades do Folón, unha das covas graníticas coñecidas máis grandes do mundo, con máis de 900 metros de galerías que constitúen un ecosistema único que alberga unha ampla diversidade de especies. Así o comprobaron o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero e o egresado deste centro do campus pontevedrés Adrián Moreira nas 18 visitas que realizaron ao interior das cavernas, que lles permitiron identificar 115 especies distintas de artrópodos, varias delas non detectadas previamente en Galicia. Os resultados desta investigación, iniciada hai catro anos como o traballo de fin de grao de Moreira, reúnense agora nun dos capítulos do libro ‘40 años sin Félix’ que a Sociedade Entomolóxica Aragonesa dedica ao naturalista e divulgador Félix Rodríguez de la Fuente, no que presentan a primeira listaxe da fauna presente no Folón.

    Nas visitas que realizaron entre 2016 e 2020, Cordero e Moreira recolleron, a través da mostraxe manual e do uso de trampas, un total de 171 espécimes de artrópodos, insectos na súa gran maioría. Coa colaboración de expertos e expertas de diferentes universidades, conseguíronse identificar ata xénero 141 destes espécimes e definir a especie de 115. Con máis de 900 metros de galerías, polas que circula o arroio de A Rega, as cavidades do Folón, que permiten descender 34 metros, caracterízanse pola súa “estabilidade térmica e elevada humidade”, así como polas numerosas cavidades, poros e fisuras que fan posible o acceso dos artrópodos.

    “Imaxinabamos que tiña que haber especies non coñecidas previamente en Galicia, porque aquí temos moi poucas covas”, salienta Cordero que destaca que O Folón constitúe un “sistema de cavernas moi peculiar”, no que atoparon “numerosas especies” respecto das que non existían referencias previas sobre a súa presenza en Galicia ou na provincia de Pontevedra. De feito, como recolle o artigo, “a fauna das cavernas graníticas está pouco estudada”, en boa medida, porque, a excepción de casos como o do Folón, “as cavidades soen ser de pequeno tamaño”.

    Dentro das especies incluídas nesta listaxe e das que previamente non existían referencias da súa presenza en Galicia, “un dos achados de maior interese”, sinalan os autores do estudo, é o do platidésmido ‘Dolistenus iberoalbus’, xa que se trata dunha especie “descrita recentemente”, dun xénero que conta “con tan só catro especies ibéricas, dúas das cales se atopan en Galicia”. Tamén destaca a presenza do cempés ‘Lithobius schubarti’, unha especie que ata o de agora non se detectara fóra da cordilleira cantábrica, da que se consideraba endémica. Dentro dos arácnidos, Moreira e Cordero atoparon por primeira vez en Galicia varios espécimes de ‘Meta menardi’, “unha especie de ampla distribución en Europa, Turquía e Irán”.

    Asemade, o estudo permitiu rexistrar por primeira vez a presenza na provincia de Pontevedra de especies como o cempés ‘Lithobius validus’, do opilión ‘Nemastomella dentipatellae’ ou da ‘Stenophylas sequax’, pertencente á orde das ‘Trichoptera’, común en Galicia. Así mesmo, dentro dos insectos, as cinco especies de escarabellos da familia ‘Staphylinidae’ atopadas tamén se citan por primeira vez en Pontevedra, “o que evidencia a falla de estudos previos sobre este grupo”, sinalan.

    Por outra banda, entre as especies máis comúns nas covas destaca a presenza do díptero ‘Limonia nubeculosa’, que “aparentemente completa o seu ciclo vital no interior das cavidades aínda que é máis ben unha especie forestal” e que foi “sen dúbida a especie máis abondosa de todos os invertebrados atopados no Folón”. Os insectos, con 78 exemplares pertencentes a sete ordes, foron a clase representada en maior medida nas covas. Entre os grupos de artrópodos mellor representados atópanse, así mesmo, os miriápodos ‘Chilopoda e Diplopoda’. Máis aló dos espécimes analizados, o artigo tamén sinala a presenza doutros animais nas covas, como exemplares de sapo común, de ra ibérica e de dúas especies de morcegos.

    As covas do Folón constitúen pois, un “ecosistema moi interesante”, como salienta Cordero, a pesares de non atoparse nelas ningunha especie endémica, algo “habitual neste tipo de covas”, segundo sinalan no artigo. Non obstante, os espécimes atopados do colémbolo ‘Pseudosinella’ “están en estudo por se puideran corresponder a unha nova especie”, sinalan os autores deste traballo. “Nas zonas máis profundas das cavernas”, Moreira e Cordero observaron numerosos individuos deste xénero, que “ten numerosas especies cavernícolas e de alta endemicidade”, motivo polo que inciden en que este estudo “debería ter continuación no futuro”, apuntando tamén que “é moi posible que o listado de taxons presentado neste traballo” sexa unha subestimación da “riqueza global” do ecosistema que albergan as covas.

    O traballo pon tamén énfase en que “este singular sistema subterráneo non goza de ningunha protección, polo que existe risco de deterioro”. De feito, no interior das covas obsérvanse “varios impactos” derivados da actividade humana, desde a presenza de pintadas ou lixo á aparición entre os espécimes capturados dun exemplar do cempés ‘Oxidus gracilis’, unha “especie exótica invasora, moi ligada á actividade humana”. Ao mesmo tempo, os autores do estudo poñen tamén o acento na presenza, a dous quilómetros das covas, dunha canteira de granito, xa que o uso de dinamita para a extracción de bloques para a construción “pode comprometer seriamente a conservación das cavernas”, á vez que sinalan aos lumes forestais, como os ocorridos na zona en 2017, como un “risco potencial de dano a estes sistemas”.

    43

    Tags: CoruxoCovas do FolónUVigo

    RelacionadosArtículos

    Nuevo asalto de los vecinos para reconquistar Toralla: «Esta vez iremos por tierra y mar»
    Local

    Nuevo asalto de los vecinos para reconquistar Toralla: «Esta vez iremos por tierra y mar»

    27 de Jun, 2025
    Urbanismo de Vigo da luz verde para levantar una nave industrial en uno de los últimos solares del ámbito de Romeu
    Local

    Urbanismo de Vigo da luz verde para levantar una nave industrial en uno de los últimos solares del ámbito de Romeu

    26 de Jun, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    Llega (por fin) el turno de la deteriorada pasarela de madera de O Vao
    Local

    Llega (por fin) el turno de la deteriorada pasarela de madera de O Vao

    17 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    Solidaridad en los montes de Coruxo: Vigo se vuelca en la Andaina do Maúxo contra el cáncer
    Solidaridad

    Solidaridad en los montes de Coruxo: Vigo se vuelca en la Andaina do Maúxo contra el cáncer

    16 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    13

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    ROMPEPAGINAS A – 7

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR